venres, 31 de marzo de 2017

Segunda xornada da cuarta división 2017

Este domingo o noso equipo XADREZ RAMIRO SABELL A "ANPA PENA DO EQUILIBRIO" desplazarase a Gondomar para xogar as roldas finais do campionato de cuarta división. Estes son os enfrentamentos que se van xogar:


PONTEVEDRA SUR - GRUPO E – FINAL
ROLDA-1 02-04-2017
EQUIPO LOCAL
EQUIPO VISITANTE
LUCENA - PORRIÑO "A"
LUCENA ESCOLAR
PROMESAS MALLON
PROMESAS AUGA DA LAXE
ESCOLA DE BOUZAS A
XADREZ RAMIRO SABELL A "ANPA PENA DO EQUILIBRIO"
APOSTOL
BELLAVISTA
ROLDA-2 02-04-2017
EQUIPO LOCAL
EQUIPO VISITANTE
PROMESAS AUGA DA LAXE
LUCENA - PORRIÑO "A"
LUCENA ESCOLAR
ESCOLA DE BOUZAS A
BELLAVISTA
PROMESAS MALLON
XADREZ RAMIRO SABELL A "ANPA PENA DO EQUILIBRIO"
APOSTOL
ROLDA-3 02-04-2017
EQUIPO LOCAL
EQUIPO VISITANTE
LUCENA - PORRIÑO "A"
ESCOLA DE BOUZAS A
PROMESAS AUGA DA LAXE
BELLAVISTA
APOSTOL
LUCENA ESCOLAR
PROMESAS MALLON
XADREZ RAMIRO SABELL A "ANPA PENA DO EQUILIBRIO"
ROLDA-4 02-04-2017
EQUIPO LOCAL
EQUIPO VISITANTE
BELLAVISTA
LUCENA - PORRIÑO "A"
ESCOLA DE BOUZAS A
APOSTOL
XADREZ RAMIRO SABELL A "ANPA PENA DO EQUILIBRIO"
PROMESAS AUGA DA LAXE
LUCENA ESCOLAR
PROMESAS MALLON
ROLDA-5 02-04-2017
EQUIPO LOCAL
EQUIPO VISITANTE
LUCENA - PORRIÑO "A"
APOSTOL
BELLAVISTA
XADREZ RAMIRO SABELL A "ANPA PENA DO EQUILIBRIO"
PROMESAS MALLON
ESCOLA DE BOUZAS A
PROMESAS AUGA DA LAXE
LUCENA ESCOLAR
ROLDA-6 02-04-2017
EQUIPO LOCAL
EQUIPO VISITANTE
XADREZ RAMIRO SABELL A "ANPA PENA DO EQUILIBRIO"
LUCENA - PORRIÑO "A"
APOSTOL
PROMESAS MALLON
LUCENA ESCOLAR
BELLAVISTA
ESCOLA DE BOUZAS A
PROMESAS AUGA DA LAXE
ROLDA-7 02-04-2017
EQUIPO LOCAL
EQUIPO VISITANTE
LUCENA - PORRIÑO "A"
PROMESAS MALLON
XADREZ RAMIRO SABELL A "ANPA PENA DO EQUILIBRIO"
LUCENA ESCOLAR
PROMESAS AUGA DA LAXE
APOSTOL
BELLAVISTA
ESCOLA DE BOUZAS A

martes, 28 de marzo de 2017

Primeira xornada da cuarta división 2017

Esta fin de semana obtivemos un estupendo resultado na primeira xornada da cuarta división:


O noso equipo XADREZ RAMIRO SABELL A: “ANPA PENA DO EQUILIBRIO” quedou de primeiro do seu grupo obtendo 16,5 dos 20 posibles puntos, resultando invicto e sacando 3 puntos de diferencia ó segundo clasificado. Polo tanto se clasificou para a seguinte xornada o domingo que ven, na que nos volveremos a desplazar a Gondomar para xogar as rondas definitivas.

GRUPO C
N EQUIPO 1 2 3 4 5 6 PUNTOS
1 XADREZ RAMIRO SABELL A "ANPA PENA DO EQUILIBRIO"
3.0 2.0 4.0 4.0 3.5 16.5
2 PROMESAS AUGA DA LAXE 1.0
3.0 3.0 2.5 4.0 13.5
3 GRUPO DISMARE 2.0 1.0
2.0 3.0 2.0 10
4 LOYOLA 0.0 1.0 2.0
2.5 2.5 8
5 ESCOLA DE BOUZAS B - COLEGIO MONTERREY 0.0 1.5 1.0 1.5
2.0 6
6 LUCENA - PORRIÑO "B" 0.5 0.0 2.0 1.5 2.0
6

O XADREZ RAMIRO SABELL B: “CENTRO ARTÍSTICO SPORTIVO” tivo unha boa xornada pero non logrou clasificarse.

O XADREZ RAMIRO SABELL C: “JOYERÍA GALLEGO Y REINA TOUR” estivo a punto de dar a sorpresa no grupo B, e ata a ronda final tivo opcións de clasificarse, quedando en terceira praza con 4 victorias en 6 matches e 15,5 puntos, a dous puntos de clasificarse para a segunda xornada.

Este equipo chegou á ronda final con 14,5 puntos, igual que o Lucena - Porriño A. No último match se decidía quen era segundo porque o equipo do Apóstol xa se clasificara, pero o Lucena gañou 3 a 1 así que a puntuación final foi 17,5 para o Lucena e 15,5 para nós:

GRUPO B
N EQUIPO 1 2 3 4 5 6 7 PUNTOS
1 APOSTOL
4.0 3.0 3.0 4.0 3.5 4.0 21.5
2 LUCENA - PORRIÑO "A" 0.0
3.0 3.0 3.5 4.0 4.0 17.5
3 XADREZ RAMIRO SABELL C "JOYERIA GALLEGO Y REINA TOUR" 1.0 1.0
2.5 3.0 4.0 4.0 15.5
4 PROMESAS AUGA DA LAXE B 1.0 1.0 1.5
2.5 2.0 1.5 9.5
5 CLUB XADREZ MOS G 0.0 0.5 1.0 1.5
3.0 3.5 9.5
6 AREA GLOBAL ASESORIA 0.5 0.0 0.0 2.0 1.0
2.0 5.5
7 VILA DE BOUZAS - EX CAN PEON 0.0 0.0 0.0 2.5 0.5 2.0
5

Neste equipo hai nenos moi pequenos e algúns que levan moi poco tiempo xogando ó xadrez, polo que foi toda unha proeza dos nosos pequenos, canteira do noso club e o noso futuro.

Noraboa campións!

Encontro de terceira contra o Lucena B

A pasada fin de semana, o noso equipo de terceira división xogou no Sportivo contra o Lucena B gañando por 3-1

Pablo gañou con brancas no primeiro taboleiro, o momento decisivo foi tras este 8..Ae7 xogran brancas e gañan:


9. Cxc6 bxc6 10. Axc6+ gañando a torre. Mantivo a calidade de máis toda a partida e o seu rival abandonou no final.

O rival de Alberto se deixou dous peóns na apertura, e forzou chegar a un final con cabalo e dous peóns de máis contra bispo que el pensaba que eran tablas... e non o é. Alberto se deixou esta bonita táctica tras 15. Axg6, xogan negras e gañan:


15... Dg5!! e as brancas perden a dama.

Andrea con brancas, tras unha apertura moi igualada, chegou a esta posición con moita desvantaxe:

​​
E protagonizou a proeza da xornada remontando e gañando a partida, todo un exemplo de loita.

Fernando xogou a súa primeira partida complicada en liga. Nesta posición o seu rival acaba de mover 7.Ag5? e Fernando contestou con 7...Ce7? pero hai un movemento moito mellor, xogan negras e gañan:


7... Axf2+ gañando un peón e deixando ó branco sen enroque. Logo a partida estivo moi igualada ata que Fernando perdeu peza tras esta táctica, xogan brancas e gañan:


31. c5+ e as brancas gañan o cabalo.

Noraboa equipo!

mércores, 22 de marzo de 2017

Cuarta división 2017

Este ano a competición do noso grupo de cuarta división da liga galega de xadrez vai ser organizada polo Club de Xadrez Laroca http://clubdexadrezlaroca.blogspot.com.es/

Xogarase os domingos 26 de marzo e 2 de abril ás 16:00 horas (ler maís abaixo, algúns poden ir máis tarde) no IES Auga da Laxe de Gondomar. Deixámosvos un enlace ó mapa coa ubicación do instituto: https://goo.gl/maps/vw6RTcjpq1q

Os equipos que imos presentar á competición son os seguintes:

XADREZ RAMIRO SABELL A: “ANPA PENA DO EQUILIBRIO”

  1. André Herrera Saavedra
  2. Antón Rama Hombreiro
  3. Nicolás Quiroga Snyder
  4. Roí Castro Calvar
  5. Sara Álvarez Carvalho
  6. Diego Gallego Bañuelos
  7. Alejandro González Méndez

XADREZ RAMIRO SABELL B: “CENTRO ARTÍSTICO SPORTIVO”

  1. Nuno Ripoll Montenegro
  2. Martín Ojea Montero
  3. Daniel Porto Durán
  4. Inés Carballo González
  5. Anxo Pérez Estévez
  6.  Neus Ripoll Montenegro
  7. Martiño Rama Hombreiro

XADREZ RAMIRO SABELL C: “JOYERÍA GALLEGO Y REINA TOUR”

  1. Martín Pino Álvarez
  2. Daniel Gil Pereiras
  3. Fernán Rama Hombreiro 
  4. Sofía Álvarez Carvalho
  5. Mario Ojea Montero
  6. María Rama Hombreiro
  7. Sara Ojea Montero
  8. Pablo Gallego Bañuelos

IMPORTANTE: Información para o domingo 26


O equipo XADREZ RAMIRO SABELL B: “CENTRO ARTÍSTICO SPORTIVO” pode ir ás 16:30 porque lle toca un Bye (descanso) na primeria ronda.

O equipo XADREZ RAMIRO SABELL A: “ANPA PENA DO EQUILIBRIO” convocado para as 16:00 é Andrés Herrera, Antón Rama, Nicolás Quiroga e Alejandro González. O resto do equipo pode ir media hora máis tarde (Roí Castro, Sara Álvarez e Diego Gallego).

O equipo XADREZ RAMIRO SABELL C: “JOYERÍA GALLEGO Y REINA TOUR” que xoga ás 16:00 é Martín Pino, Daniel Gil, Fernán Rama e Sofía Álvarez. O resto do equipo pode ir media hora máis tarde (Pablo Gallego, Mario Ojea, María Rama e Sara Ojea).

Moita sorte a todos!

martes, 21 de marzo de 2017

Encontro contra o Xadrez Tui - Xadrez Galego B

A pasada fin de semana nos desprazamos a Tui onde xogamos contra o Xadrez Tui - Xadrez Galego B, gañando cun estupendo 1.5-2.5.

Pablo, no taboleiro 1 con negras e frente a un rival cun ELO moi superior, aceptou unhas táboas propostas polo rival no movemento 12, ésta foi a posición final:


Alberto non tiña o día: entregou prematuramente a súa parella de bispos, calculou mal un sacrificio de cabalo e rematou deixándose colgada unha torre, perdendo no taboleiro 2. Ainda así houbo unha posición na que podía ter recuperado o material e loitar unhas táboas, xogan brancas e recuperan material:


33. Da8! e ainda que tras 33... Ah3 as negras van quedar con calidade por riba, a posición é susceptible de táboas.

Miguel gañou con negras no taboleiro 3. Esta foi a posición decisiva onde as brancas, co enroque perigosamente retrasado, acaban de xogar 11.Dd3:


A partida seguiu 11... Axf3+ 12. gxf3 Dh4+ 13. Rd1 Cf2+ con forquilla triple a rei, torre e dama, e ventaxa decisiva. Miguel sobre a súa partida:
Hoxe contento co me xogo e a miña partida. Vin unha combinación e leveina cabo estupendamente. O plan pasaba por clavar o cabalo co bispo e despóis cando sacase a dama comer co bispo para forzar que comese con peón e poder facer xaque coa dama sen que pudiese cubrir con peón. Despóis ben dar mate coa dama ou ataque dobre e comer dama con cabalo que foi o que saiu. Despóis comer peon e facer xaque e se cubría co bispo lle comía as dúas torres pero como non o fixo metín torre na columna para sacar o cabalo e xaque descuberto e despóis un mate bonito.
Bego tamén gañou innovando cunha pouco común apertura Ponziani (https://es.wikipedia.org/wiki/Apertura_Ponziani) ainda que houbo una posición na que o rival tiña mate en catro. Xogan negras e dan mate en 4:


24.... Axe4+ 25.Cg4 Txg4+ 26.Rh2 Th4+ 27.Rg1 Th1#

Noraboa equipo!

martes, 14 de marzo de 2017

Derrota contra o Albatros B

A fin de semana pasada desplazámonos á Guarda onde perdemos 3-1 contra o Albatros B poñéndonos en dificultades para lograr o obxectivo do ascenso.

As partidas de Pablo no taboleiro 1 e Andrea no 3 foron moi igualadas e chegaron a finais de tablas, pero ó final por mala sorte ambos perderon.

A partida que gañamos foi a de Alberto no taboleiro 2, con superioridade estratéxica grazas a unha columna aberta, este foi o momento táctico decisivo, onde as negras acaban de mover 20...f6?: xogan brancas e gañan:


21. Ced7! e as negras comen co alfil 21... Axd6 pero o outro cabalo pasa a ocupar o seu sitio 22. Cd7 cunha forquilla as dúas torres.

Unha partida moi interesante foi a que xogou o noso presidente Miguel no taboleiro 4, onde chegou a varias posicións con combinacións gañadoras. Por exemplo, nesta posición Miguel moveu 12. Df3, pero hai outra xogada moito mellor:


12. Dd5! con ataque dobre amenazando mate en f7 e ó cabalo de e4 que está no aire. Ou por exemplo esta outra, onde Miguel xoga 29. Cc4, pero hai unha combinación dunha beleza excepcional, xobran brancas e gañan:


A solución na clase deste venres, Yudania dá uha pista: "a dama negra está atrapada"...

martes, 7 de marzo de 2017

Encontro de liga contra o Lucena C

A pasada fin de semana recibimos ó Lucena C, e no seu primero taboleixo xogou Javier Caudet, unha das grandes promesas Sub-10 do xadrez galego.


Javi fixo que o noso Pablo pasara serios apuros de tempo, e incluso nesta posición as brancas estaban completamente perdidas, moven negras:


As negras gañan con 29...Dh3+!, pero Javi aquí xogou Tb1+, que lle deu algo de aire ás brancas. Uns cantos movementos máis adiante Javi cometeu un erro grave deixándose unha torre, o que nos permitiu remontar a partida.

Pablo sobre a súa partida:
"Na apertura quedei ben, falloume o meu plan no medio xogo, sacrifiquei un peón por quitarlle os dous alfiles pensando que ía ter compensacion e logrou instalarme dous potrazos no centro que lle daban vantaxe, e a isto súmanselle máis erros e desconcentración pola miña parte, bendita sorte."

No resto dos taboleiros tamén logramos vencer, Andrea e Alberto puxeron en práctica a clase do pasado venres gañando con tácticas derivadas de torre en séptima e Begoña logrou a súa primeira victoria en liga.

Pasamos a estar empatados a puntos no primeiro lugar do noso grupo co Albatros B, o noso rival da semana que ven.

Noraboa equipo!