xoves, 27 de febreiro de 2014

A gran figura do xadrez mundial GARI KASPAROV visitara Galicia

A gran figura do xadrez mundial Gari Kasparov visitara Galicia para manter un encontro con membros do ministerio de educación, representantes da Xunta de Galicia, Universidade de Vigo e o mais importante membros do concello de Redondela, concello onde se esta desenvolvendo un proxecto onde utilizarase o xadrez como ferramenta educativa. Este proxecto pon en marcha o programa de "XADREZ NA ESCOLA" aprobado no ano 2012 no Parlamento Europeo, xa que o aprendizaxe e práctica  do xadrez e moi beneficiosa en todas as idades xa que reúne unhas características tales que favorece o desenvolvemento das aptitudes mentais como :

  • a capacidade de concentración e atención
  • memoria ( asociativa, cognitiva, selectiva e visual)
  • capacidade de razonmento e coordinación





Fontes de información:

MARCA:
http://www.marca.com/2014/02/25/mas_deportes/ajedrez/1393359438.html

LA VOZ DE GALICIA:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2014/02/14/colegios-redondela-incluyen-ajedrez-materia/0003_201402V14C9995.htm 

luns, 24 de febreiro de 2014

1ª premio do campeonato galego



         O equipo de xadrez do colexio mestre Ramiro Sabell Mosquera de Ponteareas alzase co primeiro premio da Liga galega  4ªdivisión grupo B de xadrez. Os torneos foron celebradas nos pasados días 23 e 16 de febreiro no concello da Guarda organizada polo club  Xadrez Albatros da Guarda. Compre destacar que o equipo de xadrez do Ceip nº3 de Ponteareas nace no inicio do presente curso escolar co apoio da Anpa e da dirección do centro, tamén compre destacar a gran labor pedagóxica aportada pola campiona de España de xadrez Yudania Hernández Estévez na dirección deste equipo nenas e nenos de Ponteareas.