luns, 22 de decembro de 2014

XADREZ "VIVIENTE"




O 18 de Decembro, no CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera do Concello de Ponteareas, celebrouse a Primeira Partida de Xadrez Viviente organizada polo Club de Xadrez Ramiro Sabell.

Xuntaronse no CEIP Ramiro Sabell, nun taboleiro de 64m2, 32 Xogadores que se transformaron en pezas do xogo, dirixidas por a Entrenadora MI Yudania e que representarón nesta ocasión unha fermosa partida de un dos mellores axedrecistas da historia, o norteamericano Paul Morphy, xogada na Ópera de París en 1858, alí derrotóóalemán Duque Karl de Brunswick e o aristócrata francés Conde Isouard, que xogaban conxuntamente.

Desde a Directiva do Club queremos agradecer tanto os nenos@s que xogarón na partida, os que os acompañarón, os país e nais que nos votaron unha man, como a Dirección do CEIP Ramiro Sabell Mosquera, a Profesora Mónica e a MI Yudania Hernández a súa presenza e contribución con este torneo e emplazalos para que volvan a estar entre nós no próximo Xadrez Viviente que celebraremos.

Tamén facemos unha especial mención para os patrocinadores do club os que lles estaremos sempre agradecidos: Atmósfera Sport, Circemateria, A fraga de Velai, Arranxa Informática y Sistemas, Vertical, Anpa A Pena do Equilibrio e Moda Mansa. Gracias a vos o noso Club este ano conta con 6 equipos en Cuarta División e 40 nenos@s federados.

Por último tamen queremos agradecer o Concello e en especial o Sr. Albeto Novoa o seu apoio incondicional ao deporte do Axedrez en idade escolar. Gracias a eles o CEIP Ramiro Sabell e o seu Club de Xadrez dispón dun taboleiro de 64m2 no que tivo lugar a partida de Xadrez e na que os nenos mais cativos aprenderán a mover as pezas de xadrez coma algo divertido.

Con todo isto sólo nos queda desexarvos que pasedes unhas felices festas e próspero ano.

Executiva Xadrez