luns, 25 de novembro de 2019

III Partida simultánea de xadrez coa WIM Yudania Hernandez


O próximo venres 13 de decembro imos celebrar a terceira partida simultánea contra a nosa profesora e Mestra Internacional Feminino de xadrez (Woman International Master ou WIM) Yudania Hernández.

O noso obxectivo é promocionar o xadrez no noso concello. Para elo, e grazas á colaboración do Concello de Ponteareas imos contar cunha carpa na Praza Maior de Ponteareas.

Dará comezo ás catro e media da tarde, e ata as sete da tarde Yudania estará xogando contra vinte rivais simultáneamente. Conforme rematen as partidas, os taboleiros serán cubertos polos seguintes rivais.

Están invitados a participar alumnos dos centros escolares da comarca. As inscricións se farán a través do email do clube (xadrezramirosabell @ gmail.com) sendo a data límite para confirmar a inscrición o mércores 11 de decembro.

Vinde a desfrutar con nós desta gran festa do xadrez!