luns, 30 de xaneiro de 2017

Bó comezo na Liga Galega 2017!

O equipo do Club Xadrez Ramiro Sabell venceu por 3 a 1 ó Xadrez Ponteareas na primeira rolda da Liga Galega por equipos de terceira division disputada o sábado 28 de xaneiro no Centro Artístico Sportivo da nosa localidade.


O próximo sábado 4 de febreiro desplazarémonos á Guardia para xogar a segunda ronda ante o Xadrez Allbatros.

Álbum coas fotos do evento.

luns, 16 de xaneiro de 2017

Torneos Provinciais 2017

Este ano tamén tivemos unha nutrida representación nos torneos provinciais organizados polo Clube de Xadrez Fontecarmoa en Vilagarcía de Arousa: http://www.cxfontecarmoa.com/2017/01/torneo_provincial_pontevedra_2017/


Puidemos gozar de dous días xogando e aprendendo xadrez nunha ubicación privilexiada e cun ambiente excepcional. Aquí vos deixamos un álbum coas nosas fotos do evento.


Noraboa a todos os que participaron!!!!! en especial a André polo seu 12º puesto e o seus 5 puntos conseguidos e a Pablo Escobero por quedar 17º cunha subida de 73 puntos de elo:

Sub 10:
https://info64.org/torneo-provincial-de-pontevedra-2017-sub10/standings

Sub 12:
https://info64.org/torneo-provincial-de-pontevedra-2017-sub12/standings

Absoluto:
https://info64.org/torneo-provincial-de-pontevedra-2017-absoluto/standings


Temos que agradecer, como xa ven sendo habitual, a impecable organización do clube Fontecarmoa, grazas compañeiros!