venres, 20 de abril de 2018

V Torneo Xadrez Ramiro Sabell



Inscricións


As 200 prazas do torneo están completas dende o martes día 15 pola noite. Sentímolo moito polos que se quedan fora e intentaremos ter máis o ano que ven.

Listas de inscritos:



Información e Horarios


O próximo día 17 de maio, e coincidindo co día das letras galegas, celebraremos o noso "V Torneo Xadrez Ramiro Sabell". Como novidade, e debido ao éxito de anos pasados, este ano contaremos con categoría absoluta.

ROLDA
HORA
Presentación
10:30
1ª Ronda
11:00
2ª Ronda
12:00
3ª Ronda
13:00
4ª Ronda
16:00
5ª Ronda
17:00
6ª Ronda
18:00
7ª Ronda
19:00
Acto de Clausura e Entrega de Premios
20:00

Ubicación


O IES Val do Tea vainos ceder as súas instalacións para a celebración do torneo, a súa ubicación está neste mapa:


Patrocinadores


Outro ano máis temos que darlle as grazas aos nosos patrocinadores que fan posible que este torneo sexa gratuito:


domingo, 15 de abril de 2018

Final da terceira división 2018

Rematou a liga de terceira divisón deste ano. Este ano participamos no grupo K con dous equipos, o Xadrez Ramiro Sabell - Mobialia, que rematou de terceiro e o Xadrez Ramiro Sabell - Centro Artístico Sportivo, que rematou de quinto.

Por terceiro ano consecutivo quedamos de terceiros no noso grupo. Ascenden os dous primeros así que quedamos un ano máis en terceira divisón.

Este ano a liga rematou cun triple empate entre primeiro segundo e terceiro, que desampatando por SONN nos deixa no terceiro lugar. Tamén é o segundo ano que quedamos empatados a puntos co segundo clasificado.

Noraboa ao Xadrez Altamira, e ao Xadrez Tui que ascenden a segunda división.

TERCEIRA DIVISIÓN, GRUPO K
N EQUIPO 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 PUNTOS
1 XADREZ ALTAMIRA
3.5 2.0 3.5 2.0 3.0 3.0 3.0 3.5 3.0 26.5
2 XADREZ TUI 0.5
3.5 4.0 2.5 4.0 3.0 4.0 2.0 3.0 26.5
3 XADREZ RAMIRO SABELL MOBIALIA 2.0 0.5
4.0 3.0 4.0 3.0 3.0 4.0 3.0 26.5
4 IES AUGA DA LAXE - LAROCA 0.5 0.0 0.0
2.5 2.0 3.5 3.5 1.5 4.0 17.5
5 XADREZ RAMIRO SABELL CENTRO ARTISTICO SPORTIVO 2.0 1.5 1.0 1.5
2.5 2.0 3.0 2.5 0.5 16.5
6 XADREZ PONTEAREAS 1.0 0.0 0.0 2.0 1.5
1.5 3.0 4.0 2.5 15.5
7 MALLON - LAROCA 1.0 1.0 1.0 0.5 2.0 2.5
1.0 1.0 4.0 14
8 XADREZ ALBATROS C 1.0 0.0 1.0 0.5 1.0 1.0 3.0
3.0 3.5 14
9 INSTITUTOS DE PONTEAREAS - XADREZ PONTEAREAS B 0.5 2.0 0.0 2.5 1.5 0.0 3.0 1.0
2.0 12.5
10 XADREZ ALBATROS D 1.0 1.0 1.0 0.0 3.5 1.5 -1.0 0.5 2.0
9.5

domingo, 1 de abril de 2018

Campionatos Galegos Individuais 2018

Do 25 ao 27 de marzo se celebraron en Padrón os Campionatos Galegos individuais de Semana Santa nas categorías promesas, benxamín e alevín.

O noso club estivo representado na categoría promesas por Hugo Souto Corredoura, Antía Reboredo Barrosa e Mateo González Méndez. Na Categoría Alevín por Alejandro González Méndez.



Se pode consultar a información en categoría Promesa:
https://info64.org/campionato-galego-sub12

Do 10 ao 13 de febreiro se celebrou en Ferrol, o Campionato Galego individual de Carnaval. Participaron 50 xogadores nun torneo suizo a 8 partidas.

O noso club estivo representado por dous xogadores en categoría infantil: André Herrera Saavedra e Antón Rama Hombreiro.

Esta é a información da categoría infantil:




Dende o Club queremos mencionar que é a primeira vez que participamos nos campionatos galegos individuais así como dar a noraboa a todos os xogadores polo esforzo realizado e aos seus pais polo apoio que lles brindan.