O CLUB DE XADREZ RAMIRO SABELL a pesar da súa xuventude, segue colleitando premios, este pasado fin de semana os xadrecistas do club desprazábanse ata o concello veciño de Tui para disputar o III TORNEO DE XADREZ FESTAS DE SAN TELMO onde os xadrecistas do club da man de Borja obtiña o 1ºpremio da categoría sub-12 e Dani que obtiña o 3ºpremio da categoría
sub-10.
sub-10.
A directiva do club alégranse dos grandes logros que están obtendo os xadrecistas do club e fan un chamamento a todos os nenos e nenas de Ponteareas que lles guste o xadrez a unirse o club.
Desde a directiva tamén lembran que o próximo evento terá lugar en Ponteareas nas instalacións do CEIP MESTRE RAMIRO SABELL MOSQUERA, o vindeiro 23 de maio as 16:30 e que o prazo para inscribirse estará aberto ata o día 18 de maio.