venres, 25 de novembro de 2016

Xadrez social e terapeútico para maiores

A nosa mestra Yudania está a impartir clases de xadrez para maiores os venres de 11:00 a 12:00 no Centro Artístico Sportivo.


Os obxectivos deste programa son os de estimular as funcións cognitivas (atención, memoria, razoamento) a través do xadrez. O xadrez terapéutico fomenta a inclusión social e a ocupación do ocio e o tempo libre, e realízase dunha forma accesible e agradable para os maiores.


No xadrez non hai distinción de sexo, raza, nen idade, polo que constitúe unha magnífica ferramenta para a xuntanza, o entretemento e a solidaridade interxeracional.

venres, 4 de novembro de 2016

Visita de Yudania ó IES de Ponteareas

Onte, día 3 de novembro a nosa mestra Yudania Hernández visitou o Instituto de Ponteareas. Yudania impartiu unha lección de xadrez os alumnos e xogou unhas partidas simultáneas no vestíbulo do instituto.



Esta é a noticia orixinal: na páxina do instituto: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesponteareas/?q=node/594

domingo, 22 de maio de 2016

Fotos do III Torneo Escolar Ramiro Sabell

Vos deixamos as fotos que sacou onte o noso fotógrafo Moncho no torneo: https://goo.gl/photos/fLVmX9U4C1T9o24x8



Esperamos que gozárades torneo, os nosos voluntarios traballaron a reo para que fora posible. Vos esperamos o próximo ano con máis e mellor.

mércores, 4 de maio de 2016

III Torneo Escolar Ramiro Sabell

O noso torneo do circuito chega este ano a súa terceira edición. Celebrarémolo o sábado 21 de maio ó longo de todo o dia, comezando ás 11 da mañá. Como novidade, o Centro Artístico Sportivo cédenos as súas instalacións para que poidamos acercar o torneo á cidade. Na sección "Onde Estamos" temos un mapa coa ubicación do Sportivo.

O torneo vaise dividir nas categorías Sub-8, Sub-10, Sub-12 e Sub-14, e haberá trofeo para os 5 primeiros clasificados de cada categoría. Tamén haberá recordos para tódolos participantes e sorteo de agasallos ó finalizar.



Inscripcións

As inscripcións se poden realizar a través do formulario: http://goo.gl/wNAH5w.

Tamén se pode facer a inscripción a través da conta de correo torneosramirosabell@gmail.com. Temos o aforo limitado a 130 participantes, polo que respetaremos rigurosamente a orde de inscripción. As inscripcións estarán abertas ata as 20 horas do 19 de maio.

Bases

As bases do torneo están disponibles en http://goo.gl/5vpHFF.

Resultados

Estes son os enlaces a Chess-Results por categoría:

Onde comer

No Centro Artítico Sportivo van preparar menús con xamón asado, callos, polo e pasta: Podedes reservar no teléfono do Sportivo 986 64 02 65. Tamén haberá unha pulpeira que preparará racións de polbo á feira.

Este é un folleto cunha lista de sitios nos que podedes comer en Ponteareas:  http://goo.gl/a88DgE.

Acompañantes: Qué facer durante o día

Para os acompañantes que veñan ó torneo e non xoguen, informámosvos que durante toda a mañá haberá feira no centro de Ponteareas. Se queredes alonxarvos un pouco do centro podémosvos aconsellar visitar o Castro de Troña ou o Castelo de Vilasobroso, e para gozar da nosa paisaxe, nada mellor que un paseo pola senda fluvial do Río Tea.

Patrocinadores

Este torneo non sería posible sen a colaboración dos nosos patrocionadores, para eles o noso agradecemento:

domingo, 17 de abril de 2016

Grupo Cuarta División, Pontevedra Sur Fase Final

Este domingo celebramos no colexio Ramiro Sabell a fase final do grupo Pontevedra Sur de Cuarta División.

Os equipos do Laroca acadaron un gran resultado co primeiro e tercer posto. Outro gran segundo foi obtido polo Bouzas A, e o noso equipo logrou un moi bo sétimo posto: é todo un mérito clasificarse para esta fase final.

As fotos que sacou Moncho, o noso fotógrafo oficial están disponibles en: https://goo.gl/photos/oZcuK3c6BrNnfVCE7

GRUPO CUARTA DIVISIÓN, PONTEVEDRA SUR. FASE FINAL
Equipo LUCENA ESCOLAR LAROCA PROMESAS GONDOMAR LAROCA – NIGRÁN JUNIOR APÓSTOL IES AUGA DA LAXE - LAROCA ESCUELA DE BOUZAS "A" XADREZ RAMIRO SABELL CEIP-ANPA PENA DO EQUILIBRIO ESCUELA DE BOUZAS "D" Total de Puntos Sonn
LUCENA ESCOLAR
4 2 1 0 0 2 3 12 131.5
LAROCA PROMESAS GONDOMAR 0
1 3 0.5 1.5 3 3 12 137.5
LAROCA – NIGRÁN JUNIOR 2 3
2 2 2 4 3 18 225
APÓSTOL 3 1 2
0 0.5 1 3 10.5 121.25
IES AUGA DA LAXE - LAROCA 4 3.5 2 4
3 4 4 24.5 288.5
ESCUELA DE BOUZAS "A" 4 2.5 2 3.5 1
3.5 3 19.5 226.5
XADREZ RAMIRO SABELL CEIP-ANPA PENA DO EQUILIBRIO 2 1 0 3 0 0.5
3 9.5 95.25
ESCUELA DE BOUZAS "D" 1 1 1 1 0 1 1
6 81.5

Paralelamente celebramos para os nosos equipos de nenos do club un torneo que chamamos "Liga das promesas", do cal estos foron os resultados finais:
LIGA DAS PROMESAS
Equipo Centro Artístico Sportivo Relojería Gallego Reina Tour Confitería Regino Ferretería el Puente Viveros Crespo Total de Puntos Sonn
Centro Artístico Sportivo
3 3 4 2.5 3 15.5 132.75
Relojería Gallego 1
2.5 1 0.5 2.5 7.5 69.25
Reina Tour 1 1.5
2.5 1 3 9 78.5
Confitería Regino 0 3 1.5
0.5 1.5 6.5 53.75
Ferretería el Puente 1.5 3.5 3 3.5
3 14.5 120.25
Viveros Crespo 1 1.5 1 2.5 1
7 66.5

Dende a directiva do clube estamos orgullosos das leccións de deportividade que nos deron os nenos e tamén queremos agradecer a estupenda labor dos voluntarios que traballando de forma desinteresada fixeron posible a organización de este torneo.

luns, 11 de abril de 2016

Resultados da primeira xornada da Liga Galega Cuarta División Pontevedra Sur

Onte celebramos a primera xornada da liga de cuarta división. Aquí vos deixamos algunhas fotos do evento:

https://goo.gl/photos/uRLCnS16xAYtCexdA

Estes foron os resultados: Clasifícanse para o próximo domingo os dous primeros equipos de cada grupo, que teñen o total de puntos en verde. Noraboa a todos!

GRUPO A
Lucena FemeninoIES Auga da Laxe – LarocaAjedrez Marcote BXadrez Ramiro Sabell Centro Artístico SportivoEscuela de Bouzas BApóstolTOTAL
Lucena Femenino0211,51,56
IES Auga da Laxe – Laroca42,5343,517
Ajedrez Marcote B21,52128,5
Xadrez Ramiro Sabell Centro Artístico Sportivo312107
Escuela de Bouzas B2,503319,5
Apóstol2,50,524312
GRUPO B
Xadrez Ramiro Sabell Relojería GallegoEscuela de Bouzas DBellavistaLaroca Promesas GondomarXadrez Ponteareas CLucena 2025TOTAL
Xadrez Ramiro Sabell Relojería Gallego000,51,51,53,5
Escuela de Bouzas D4224315
Bellavista4213,5313,5
Laroca Promesas Gondomar3,5233,52,514,5
Xadrez Ponteareas C2,500,50,503,5
Lucena 20252,5111,5410
GRUPO C
Xadrez Ponteareas BClub Xadrez Mos ELucena PromesasEscuela de Bouzas CLaroca Nigrán JuniorXadrez Ramiro Sabell CEIP-ANPA Pena do EquilibrioTOTAL
Xadrez Ponteareas B132,5017,5
Club Xadrez Mos E32,532111,5
Lucena Promesas11,540,518
Escuela de Bouzas C1,510103,5
Laroca Nigrán Junior423,53214,5
Xadrez Ramiro Sabell CEIP-ANPA Pena do Equilibrio3334215
GRUPO D
Laroxa Promesas MallonLucena EscolarXadrez Ramiro Sabell Reina TourXadrez Albatros DClub Xadrez Mos FEscuela de Bouzas ATOTAL
Laroxa Promesas Mallon113207
Lucena Escolar3444116
Xadrez Ramiro Sabell Reina Tour3021,506,5
Xadrez Albatros D102306
Club Xadrez Mos F202,5105,5
Escuela de Bouzas A4344419