mércores, 7 de maio de 2014

Entrevista co alcalde

O pasado dia 30 de abril a directiva do club de xadrez mantivo un encontro con varios membros do concello, o Sr. alcalde Salvador  González e o concelleiro de deportes Alberto Novoa, co fin de presentarse oficialmente ante as institución local.
A directiva do club acompañados do director do CEIP MESTRE RAMIRO SABELL MOSQUERA  Dº. Xosé Antonio Acuña expuxeron os grandes logros que esta obtendo o club a pesar da súa corta vida, xa que non podemos esquecernos de que o club nacía como actividade extra-escolar o inicio do presente curso e a día de hoxe estase formalizando como club.
A adestradora e artífice dos logros conseguido a xadrecista internacional YUDANIA HERNÁNDEZ presentoulles o ambicioso proxecto que se vai a  emprender e que abarca entre outros: a organización de I Torneo Ramiro Sabell que se celebrará o próximo 23 de Maio, o que aínda se poden anotar todos aqueles nenos que o desexen, e entrar no Circuíto Galego de Xadrez… Circuíto de enorme relevancia que non só lle dará un prestixio a Ponteareas polo seu nome, sino tamén pola cantidade de participantes que hai en cada Torneo de ese tipo.
Tamén desde a Executiva do Club agradecemos o alcalde e o Concelleiro de Deportes no sólo que nos haxan recibido, sino tamén o seu compromiso e apoio con este proxecto tan ambicioso.


domingo, 27 de abril de 2014

III Torneo de Xadrez Festas de San Telmo 2014 en TUI

O CLUB DE XADREZ RAMIRO SABELL a pesar da súa xuventude, segue colleitando premios, este pasado fin de semana os xadrecistas do club desprazábanse ata o concello  veciño de Tui para disputar o III TORNEO DE XADREZ FESTAS DE SAN TELMO  onde os xadrecistas do club da man de Borja obtiña o 1ºpremio da categoría sub-12 e Dani que obtiña o 3ºpremio da categoría
 sub-10.
A directiva do club alégranse dos grandes logros que están obtendo os xadrecistas do club e fan un chamamento a todos os nenos e nenas de Ponteareas que lles guste o xadrez a unirse o club.
Desde a directiva tamén lembran que o próximo evento terá lugar en Ponteareas nas instalacións do CEIP MESTRE RAMIRO SABELL MOSQUERA, o vindeiro 23 de maio as 16:30 e que o prazo para inscribirse estará aberto ata o día 18 de maio.




xoves, 24 de abril de 2014

Relación de torneos escolares para a próxima temporada. Mais información na Web da federación galega de Xadrez

Se celebra en el pabellón del instituto de San Paio
Calle do Alcalde Casal Aboy, 11, 36700 Tuy, Pontevedra ‎ 
Como llegar


se va a celebrar el 26 de abril de 2014 en el Pabellón del Instituto San Paio.
Cargando…
- See more at: http://xadreztui.org/torneo-festas-san-telmo-2014#sthash.2BdXJvRd.dpuf
se va a celebrar el 26 de abril de 2014 en el Pabellón del Instituto San Paio.
Cargando…
- See more at: http://xadreztui.org/torneo-festas-san-telmo-2014#sthash.2BdXJvRd.dpuf
se va a celebrar el 26 de abril de 2014 en el Pabellón del Instituto San Paio.
Cargando…
- See more at: http://xadreztui.org/torneo-festas-san-telmo-2014#sthash.2BdXJvRd.dpuf
Para anotaros también lo podeis hacer en la siguiente dirección Web

xoves, 27 de febreiro de 2014

A gran figura do xadrez mundial GARI KASPAROV visitara Galicia

A gran figura do xadrez mundial Gari Kasparov visitara Galicia para manter un encontro con membros do ministerio de educación, representantes da Xunta de Galicia, Universidade de Vigo e o mais importante membros do concello de Redondela, concello onde se esta desenvolvendo un proxecto onde utilizarase o xadrez como ferramenta educativa. Este proxecto pon en marcha o programa de "XADREZ NA ESCOLA" aprobado no ano 2012 no Parlamento Europeo, xa que o aprendizaxe e práctica  do xadrez e moi beneficiosa en todas as idades xa que reúne unhas características tales que favorece o desenvolvemento das aptitudes mentais como :

  • a capacidade de concentración e atención
  • memoria ( asociativa, cognitiva, selectiva e visual)
  • capacidade de razonmento e coordinación





Fontes de información:

MARCA:
http://www.marca.com/2014/02/25/mas_deportes/ajedrez/1393359438.html

LA VOZ DE GALICIA:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2014/02/14/colegios-redondela-incluyen-ajedrez-materia/0003_201402V14C9995.htm 

luns, 24 de febreiro de 2014

1ª premio do campeonato galego



         O equipo de xadrez do colexio mestre Ramiro Sabell Mosquera de Ponteareas alzase co primeiro premio da Liga galega  4ªdivisión grupo B de xadrez. Os torneos foron celebradas nos pasados días 23 e 16 de febreiro no concello da Guarda organizada polo club  Xadrez Albatros da Guarda. Compre destacar que o equipo de xadrez do Ceip nº3 de Ponteareas nace no inicio do presente curso escolar co apoio da Anpa e da dirección do centro, tamén compre destacar a gran labor pedagóxica aportada pola campiona de España de xadrez Yudania Hernández Estévez na dirección deste equipo nenas e nenos de Ponteareas.