O parlamento de Galicia aprobou o pasado 29 de abril unha resolución para impulsa-a implantación do xadrez en educación primaria e na ESO. Pódese consultar na páxina do parlamento de Galicia ou no BOGP 432 (2ª parte). O texto aprobado é o seguinte:
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia para que adopte
as medidas necesarias a prol de afondar na presenza do xadrez nas
escolas mediante o fomento de proxectos de innovación educativa, o
impulso da formación do profesorado e o desenvolvemento de recursos e
metodoloxías que permitan, desde o respecto á autonomía dos centros
educativos, a progresiva implantación desta disciplina con carácter
transversal ou específico nos currículos de primaria e educación
secundaria obrigatoria en atención aos proxectos educativos dos centros,
e que este proxecto sexa levado a cabo en colaboración coas federacións
de xadrez e outras asociacións representativas.»
Ningún comentario:
Publicar un comentario