A pasada fin de semana os nosos dous equipos de terceira divisón xogaron en casa, no Centro Artítico Sportivo de Ponteareas:
No Xadrez Ramiro Sabell-Centro Artístisco Sportivo xogaron xogaron André, Nico, Diego e Iván contra o Xadrez Tui cun estupendo resultado de 1.5-2.5.
O Xadrez Ramiro Sabell-Mobialia alineou a Alberto, Andrea, Begoña e Jose Manuel para enfrentarse ó Institutos de Ponteareas-Xadrez Ponteareas B, obtendo un magnífico 4-0. Este resultado pon momentáneamente ó equipo en postos de ascenso a segunda división.
Hoxe tamén temos que felicitar a nosa xogadora Andrea, que o sábado gañou unha partida moi reñida no taboleiro 2 e que hoxe foi nai: Unha victoria moito máis importante que a do sábado... Noraboa Andrea!
Ningún comentario:
Publicar un comentario