venres, 12 de abril de 2019

O MERECIDO ASCENSO A SEGUNDA DIVISIÓN POR FIN É UNHA REALIDADE

O 30 de marzo celebrouse o derradeiro encontro da liga galega de xadrez, terceira división.


Xa sabiamos que o Xadrez Ramiro Sabell-C.A.Sportivo tiña o ascenso a segunda división, porque a falta dun día xa era unha realidade, pero aínda así xogamos o partido como un final máis.


 

Enfrontámonos coa Ponteareas B, conseguindo unha vitoria de 1-3 e terminando unha tempada excepcional, conseguindo a promoción con máis de 30 puntos e gañando todos os partidos disputados.


O éxito desta tempada temos que agradecer a nosa adestradora Yudania, que sabe transmitir a súa paixón por este gran deporte. Grazas


Os outros dous equipos da terceira división remataron a tempada con moi bos resultados e moi bos sentimentos. Un logro de todo o club e que celebraremos en breve con unha festa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario