
Onte, 1 de maio, comezou o XIV Circuito Galego de Promoción do Xadrez co IV Torneo de xadrez Vila de Noia, organizado pola Escola de Xadrez Brétema:
http://xadrezbretema.blogspot.com/2019/04/iv-vila-de-noia-xiv-circuito-galego-de.html
Neste torneo, o noso xogador André acadou un espectacular tercer posto na categoría Sub-14, logrando 5 puntos dos 7 posibles. Noraboa André!
Este é o primeiro dos torneos deste circuito que terá un total de 16 datas nas que clubes de toda galicia nos poñemos de acordo para facer promoción do noso deporte favorito:
https://www.fegaxa.org/wp-content/uploads/2019/03/Calendario-Circuito-2019.pdf
Nós tamén organizaremos o 17 de maio o noso torneo que se engloba neste circuito, eperámosvos alí!
Ningún comentario:
Publicar un comentario