martes, 7 de marzo de 2017

Encontro de liga contra o Lucena C

A pasada fin de semana recibimos ó Lucena C, e no seu primero taboleixo xogou Javier Caudet, unha das grandes promesas Sub-10 do xadrez galego.


Javi fixo que o noso Pablo pasara serios apuros de tempo, e incluso nesta posición as brancas estaban completamente perdidas, moven negras:


As negras gañan con 29...Dh3+!, pero Javi aquí xogou Tb1+, que lle deu algo de aire ás brancas. Uns cantos movementos máis adiante Javi cometeu un erro grave deixándose unha torre, o que nos permitiu remontar a partida.

Pablo sobre a súa partida:
"Na apertura quedei ben, falloume o meu plan no medio xogo, sacrifiquei un peón por quitarlle os dous alfiles pensando que ía ter compensacion e logrou instalarme dous potrazos no centro que lle daban vantaxe, e a isto súmanselle máis erros e desconcentración pola miña parte, bendita sorte."

No resto dos taboleiros tamén logramos vencer, Andrea e Alberto puxeron en práctica a clase do pasado venres gañando con tácticas derivadas de torre en séptima e Begoña logrou a súa primeira victoria en liga.

Pasamos a estar empatados a puntos no primeiro lugar do noso grupo co Albatros B, o noso rival da semana que ven.

Noraboa equipo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario