O pasado sábado realizouse en Santiago de Compostela o II Torneo Cidade de Santiago, torneo válido para o circuíto Galego de promoción.
Catro dos nosos xogadores trasladáronse ao Centro Comercial Área Central, André Herrera Saavedra, Antía Reboredo Barrosa, Adrián Argudín Fernández e Hugo Souto Corredoura.
André Herrera na categoría sub 14 obtivo unha fantástica sétima posición con 3,5 puntos, noraboa, senmpre estás nas primeiras plazas.
Os outros tres xogadores competiron na categoría sub 8:
Hugo Souto con 5,0 puntos alcanzou o sexto lugar, un punto por baixo do vencedor. Bravo Hugo, excelente traballo como sempre.
Antía Reboredo, con 3 puntos acadou o decimocuarto lugar, excelente posición, sempre mellorando, noraboa.
Adrián Argudín, con 3 puntos tamén, quedou en oitavo lugar, parabéns, loitando e traballando para estar nos primeiros postos.
Bravo chic@s, parabéns polo traballo, continuade con entusiasmo e con diversión.
Pronto volven as clases con Yudania e axudaranos a mellorar e medrar como xogadores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario