luns, 24 de setembro de 2018

Torneo Memorial Alfonso Pedrido 2018

Este sábado celebrouse o torneo Memorial Alfonso Pedrido en Vilagarcía de Arousa.

Seis dos nosos xogadores foron ata Vilagarcía para xogar e divertirse co xadrez.




Catro xogadores na categoría 8 sub 8, unha xogadora na categoría sub 10 e outro xogador na categoría sub 14 representaron o noso club.

Foi un torneo fantástico, acadando bos resultados nas diferentes categorías.

Categoría Sub 8:

Noraboa os nosos pequenos. Coma sempre, quedan nos primeiros postos da clasificación.

Hugo Souto Corredoura,  posto 10 con 4 puntos.

Adrián Argudín Fernández, posto 12 con 4 puntos.

Antía Reboredo Barrosa, posto 14 con 4 puntos.

Hugo Alonso Barros posto 22 con 2,5 puntos.

Categoría Sub 10:

Noraboa Manuela estupendo torneo

Manuela Alonso Barros posto 30 con 1 punto

Categoría Sub 14:

Parabéns André, torneo fantástico, gran resultado

André Herrera Saavedra, POSTO 1 con 6 puntos.



Ningún comentario:

Publicar un comentario