xoves, 2 de xaneiro de 2014

Onde Estamos

O enderezo do Clube de Xadrez Ramiro Sabell é:

Colexio CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquer
Lugar de Barral s/n
36860 Ponteareas
Pontevedra

Coordenadas GPS: 42.173913, -8.493378

Para chegar, dende o centro de Ponteareas hai que toma-la carretera cara Guillade, e a 800 metros, ó pasar a clínica San Miguel, desviarse a esquerda:


As clases do equipo de competición e de adultos se imparten no Centro Artístico Sportivo de Ponteareas:
 

mércores, 1 de xaneiro de 2014

O Club

O Club de Xadrez Ramiro Sabell nace na cidade de Ponteareas no ano 2013 co obxectivo de fomentar a práctica do xadrez e formar os nenos da nosa cidade. Para elo se conta dende o principio coa inestimable colaboración da Mestre Internacional de xadrez Yudania Hernández.

Recibe o seu nome do colexio público CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera, que a súa vez leva o nome do que foi mestre e alcalde de Ponteareas: https://gl.wikipedia.org/wiki/Ramiro_Sabell_Mosquera

Durante todo o ano organizamos actividades destinadas a xente de tódalas idades como clases de xadrez, xadrez vivente, partidas simultáneas na rúa, torneos... todas destinadas a fomentar a paixón polo noso deporte favorito.

¡Anímate e apúntate as nosas Clases de Xadrez!

O CIF do club é G94100351.