domingo, 26 de febreiro de 2017

Torneo Roda de Entroido


O venres 24 de febreiro celebramos no Centro Artístico Sportivo de Ponteareas o Torneo Roda de Entroido, no que os nenos e os non tan nenos foron a xogar disfrazados.

No torneo tipo roda, o gañador de cada partida se queda no mesmo taboleiro xogando con brancas e xoga a seguinte partida coa persoa que esté en espera nese momento. O perdedor da partida para a ser o seguiente en espera.

Por primeira vez contamos cunha categoría senior, na que participaron os alumnos do grupo de maiores dos venres pola mañá.

Os gañadores das diferentes categorías foron:

Sub-8: Pablo Gallego
Sub-10: Alejandro González
Sub-12: André Herrera
Absoluta: Pablo Escobero
Senior: Benito Corredoura

Noraboa a todos!

Álbum coas fotos do evento.

sábado, 25 de febreiro de 2017

II Xadrez Vivente


O 23 de febreiro no Club Ramiro Sabell celebramos a “II Partida de Xadrez Vivente” no colexio Ramiro Sabell de Ponteareas.

Esta vez representamos “A Sempreviva” xogada en Berlín en 1852 entre Adolf Anderssen e Jean Dufresne.

O alemán Adolf Anderssen (Breslavia, 1818 – Breslavia, 1879) venceu ó seu compatriota Jean Dufresne (1829 – 1893) nunha das partidas máis bellas da historia.


Anderssen ensinaba matemáticas e alemán nunha escola secundaria, tivo unha vida tranquila e rutinaria, en cambio ante o taboleiro a súa imaxinación chegaba a cotas deslumbrantes, foi o mellor do mundo a mediados do Século XIX.

O perdedor desta obra de arte, Jean Dufresne foi alumno de Anderssen, era un destacado maestro alemán, también foi escritor e periodista, escribiu novelas e varios libros de xadrez, o más importante é “O pequeno Dufresne” que leva máis de 30 edicións.

Álbum coas fotos do evento.

luns, 13 de febreiro de 2017

Encontro de liga contra o Lucena A

Esta fin de semana obtivemos un estupendo 2-2 contra un dos nosos principais rivais da terceira division, o Lucena A. Por primeira vez, e coincidiendo co comezo do campionato do mundo de mulleres en Teherán, xogamos cun equipo mixto:


Pablo xogou con brancas contra unha defensa francesa. Este foi o momento crucial da partida:


Nesta posición as negras xogaron 15...Dxe5, comendo un peón envelenado, xa que tras 16.Dxe5 Cxe5 ven 17.Af6 ataque dobre gañando a torre... Tras outro golpe táctico máis negras abandoaron ó chegar a un final que tiñan perdido.

Bego estivo pelexando ata o final da partida, pero tivo moitas dificultades orixinadas por retrasar o enroque.

Nerea xogou con brancas unha española variante dos catro cabalos. Nesta posición hai unha táctica bonita, xogan brancas:


9. h3! Cf6 10. Axc6 bxc6 11.Cxe5 gañando o peón central. Pero o final non puido gañar contra un rival moi preparado.

Perdíamos 1-2, pero aínda faltaba a partida do taboleiro 2. Alberto defendía as negras contra un gambito de dama cunha prematura e3, pero el tamén cometeu un erro na apertura, nesta posición:


Aquí moveu 10...Ab7, pero era mellor 10...c5 rompendo o centro, porque tras 11.b4 xa non está a tempo de facelo. O peón da columna c quedou débil; durante a partida non soubo solucionalo e case lle custa a derrota, sobre todo ó chegar a esta posición:


Pero brancas se equivocaron xogando 35.Cf5. Se fixeran a maniobra típica de dobrar torres con 35.Tfc1 Alberto tería serios problemas. Tras un par de erros más de brancas nos que cairon dous peóns e se cambiaron torres, chegaron a un final no que negras tiñan torre, alfil e cinco peóns contra torre, cabalo e tres peóns das brancas, e que logramos gañar tras 4 horas de partida.

Noraboa equipo!

mércores, 8 de febreiro de 2017

Curso do CFR para mestres en Ponteareas



Hoxe, 8 de febreiro de 2017, rematou en Ponteareas o primeiro grupo de traballo de xadrez organizado polo CFR de Vigo (Centro de Formación e Recursos de Vigo, centro dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia).

http://www.edu.xunta.gal/portal/cfrvigo/

O CFR ten como obxectivo o desenvolvemento de actividades de formación para o profesorado que impliquen unha mellora da calidade educativa. Con este taller pretendemos que se incorpore o xadrez como unha ferramenta educativa máis para os nosos docentes.

Participaron mestres dos colexios Fermín Bouza Brey e Ramiro Sabell, e dos institutos IES Ponteareas e Val do Tea. Nesta última xornada o CFR de Vigo fixo entrega de xogos e tableiros de xadrez que van ser empregados nas actividades educativas.

O curso foi impartido pola MI Yudania Hernández, mestra do noso club. Ana da Vila é a asesora do CFR de Vigo e nos acompañou en varias xornadas.

¡O xadrez escolar en Ponteareas está medrando a un ritmo ilusionante!