mércores, 1 de xaneiro de 2014

O Club

O Club de Xadrez Ramiro Sabell nace na cidade de Ponteareas no ano 2013 co obxectivo de fomentar a práctica do xadrez e formar os nenos da nosa cidade. Para elo se conta dende o principio coa inestimable colaboración da Mestre Internacional de xadrez Yudania Hernández.

Recibe o seu nome do colexio público CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera, que a súa vez leva o nome do que foi mestre e alcalde de Ponteareas: https://gl.wikipedia.org/wiki/Ramiro_Sabell_Mosquera

Durante todo o ano organizamos actividades destinadas a xente de tódalas idades como clases de xadrez, xadrez vivente, partidas simultáneas na rúa, torneos... todas destinadas a fomentar a paixón polo noso deporte favorito.

¡Anímate e apúntate as nosas Clases de Xadrez!

O CIF do club é G94100351.

Ningún comentario:

Publicar un comentario