luns, 26 de maio de 2014



I TORNEO XADREZ RAMIRO SABELL
Ó 23 de Maio, data de nacemento do gran campeón Anatoli Karpov, celebrouse no CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera o Primeiro Torneo escolar organizado polo Club de Xadrez Ramiro Sabell.

Xuntaronse no colexio preto de 60 participantes, nenos e nenas de entre 6 a 18 anos, que botaron preto de 4 horas arredor dos taboleiros para amosar as súas habilidades.

Unha vez mais o Xogadores do Club de Xadrez Ramiro Sabell destacarón polos seus logros quedando nos primeiros postos 

Pre benjamín
1 Nicolás Quiroga Snyder   3,5 puntos Colegio Inmaculada
2 Xabier Borrajo Piñeiro     2,5 puntos Martin Codax Vigo
3 Gabriel Gayoso Estévez    2,5 puntos R.Sabell
 
Benjamín
1 Adrián Carpintero Muñoz   5 puntos R.Sabell  
2  Mauro Sanromán Costa    4 puntos  Laroca
3  Daniel Lorenzo López        4 puntos  R. Sabell
Alevín
1 Borja Fortes Garrote   4 puntos R. Sabell
2 David Castro Gándara  4 puntos Lucena
3 Hugo Rego Calvo         4 puntos Laroca
Infantil
1 Francisco Gonzalez Rodiño     4,5 puntos  Ponteareas
2 Constantino Prol Andre           4 puntos  Laroca
3  José Simón Da Silva Vilas      3,5    R. Sabell
Cadete
1 Alejandro Boente Juncal               3 puntos Val do Tea
2 Carla Porto Fernández                 3 puntos R. Sabell
3 Christian D Rodríguez Fernández   2 puntos Val do Tea
Juvenil
1 Camila Lorenzo López       2 puntos R. Sabell
2 Nerea Vaqueiro Costas       2 puntos Val do Tea
3 Coral Lago Rodríguez         2 puntos Val do Tea

Queremos en primeiro lugar agradecer tanto os participantes como os colaboradores (CEIP Ramiro Sabell, ANPA a pena do equilibrio,Concello de Ponteareas, Hipermercados Eroski Angoares, Frutas Santy, Frutas Carlos, Transportes Soumar, Informática Arranxa, etc.) a súa presenza e contribución con este torneo e emplazalos para que o vindeiro ano volvan a estar entre nós.
Tamen queremos agradecer en especial o Club Laroca o apoio que nos prestou o longo destes anos e a sua presenza neste Torneo.

Executiva Club Ramiro Sabell

venres, 23 de maio de 2014

Bases do I Torneo Ramiro Sabell



I TORNEO ESCOLAR RAMIRO SABELL
Bases do Torneo

ORGANIZADOR DO TORNEO
Club  Xadrez Ramiro Sabell

DATA
venres, 23 de maio de 2014.

LOCAL
Colexio Mestre Ramiro Sabell, Rúa Barral s/n, Ponteareas.

PARTICIPACION
Aberta

INSCRIPCIONS
Gratuita
Teléfono: ??? ??? ???
Fecha limite: O día 21 de maio
Indicando o nome do neno e o ano de nacemento.

CATEGORIAS
Sub-08  “Prebenxamins” nados nos anos 2006 e posteriores.
Sub-10  “Benxamins”  nados nos anos 2004 y 2005.
Sub-12   “Alevins”  nados nos anos 2002 y 2003.
Sub-14   “infantil” nados nos anos 2000 y 2001.
Sub-16   ”cadetes” nados nos anos 1998 y 1999.


SISTEMA DE XOGO
Suizo a 5 roldas elaborado co programa informático “swiss-perfect”.
Normas de Xogo:
Ø Torneo rixese polas normas da FIDE
Ø Ante calquera incidencia os xogadores deberán solicitar a presenza dun árbitro.

SISTEMA DE DESEMPATE
Ø Buchholz-Mediano, Buchholz Total e Progresivo por ese orden.
Ø De persistir o empate terase en conta o resultado do enfrentamento particular e o número de vitorias.
Ø E por último sorteo entre os xogadores

RITMO DE XOGO
15 minutos  por partida para cada xogador excepto na categoría prebenxamin e benxamín.

INAUGURACION
Venres, 23 de maio as 16:30
CALENDARIO DE XOGO
16:30 -  1ª rolda
17:10 -  2ª rolda
17:50 -  3ª rolda
18:30 -  4ª rolda
19:10 -  5ª rolda
.
CLAUSURA E ENTREGA DE PREMIOS
Venres, 23 de maio as 20:00 horas, coa presenza do comité organizador e representantes das institucións pública procederase a a entrega de premios para os tres primeiros clasificados de cada categoría e agasallos para todos os xogadores.

COLABORADORES
Ceip Mestre Ramiro Sabell Mosquera
a Anpa a Pena do Equilibrio
Concello de Ponteareas
Auga de Mondariz
Eroski

Tódos os xogadores do torneo autorizan a publicación dos seus datos persoais e imáxes nos distintos medios de comunicación que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento, sempre que non representen menoscabo do seu honor ou reputación, ou que sexa contraria aos seus intereses e dentro do marco legal establecido no Código Civil, na Ley de Enxuiciamento Civil e na Ley Orgánica 15/99, do 13 de dicembre, de Protección de Datos de Carácter Persoal.

luns, 19 de maio de 2014

Torneo Peon de Oro (Concello de Mondariz)

O CLUB DE XADREZ RAMIRO SABELL segue colleitando premios, este pasado fin de semana os xadrecistas do club desprazábanse ata o concello  veciño de Mondariz para disputar o XXVI TORNEO DE XADREZ PEÓN DE ORO 2014  onde os xadrecista do club Simon Da Silva obtiña o 5ºpremio da categoría Infantil.
Enhoraboa a Simón e tamén o resto de participantes que ahínda que non conseguirón trofeo quedarón nos primeiros postos, os seus resultados forón mois bos.
Desde a directiva tamén lembran que o próximo evento terá lugar en Ponteareas nas instalacións do CEIP MESTRE RAMIRO SABELL MOSQUERA, o vindeiro 23 de maio as 16:30 e que o prazo para inscribirse ampliouse ata o día 21 de Maio.


mércores, 7 de maio de 2014

Entrevista co alcalde

O pasado dia 30 de abril a directiva do club de xadrez mantivo un encontro con varios membros do concello, o Sr. alcalde Salvador  González e o concelleiro de deportes Alberto Novoa, co fin de presentarse oficialmente ante as institución local.
A directiva do club acompañados do director do CEIP MESTRE RAMIRO SABELL MOSQUERA  Dº. Xosé Antonio Acuña expuxeron os grandes logros que esta obtendo o club a pesar da súa corta vida, xa que non podemos esquecernos de que o club nacía como actividade extra-escolar o inicio do presente curso e a día de hoxe estase formalizando como club.
A adestradora e artífice dos logros conseguido a xadrecista internacional YUDANIA HERNÁNDEZ presentoulles o ambicioso proxecto que se vai a  emprender e que abarca entre outros: a organización de I Torneo Ramiro Sabell que se celebrará o próximo 23 de Maio, o que aínda se poden anotar todos aqueles nenos que o desexen, e entrar no Circuíto Galego de Xadrez… Circuíto de enorme relevancia que non só lle dará un prestixio a Ponteareas polo seu nome, sino tamén pola cantidade de participantes que hai en cada Torneo de ese tipo.
Tamén desde a Executiva do Club agradecemos o alcalde e o Concelleiro de Deportes no sólo que nos haxan recibido, sino tamén o seu compromiso e apoio con este proxecto tan ambicioso.