luns, 28 de xaneiro de 2019

LIGA GALEGA TERCEIRA DIVISIÓN, PRIMEIRA ROLDA.

O pasado sábado tivo lugar a primeira xornada da Liga Galega. Este año en terceira división temos 3 equipos, o Xadrez Ramiro Sabell Ponteareas-Centro Artístico Sportivo, o Xadrez Ramiro Sabell Ponteareas-I.E.S.Val do tea e o Xadrez Ramiro Sabell Ponteareas-Reina Tour.
A primera xornada con partido entre os nosos equipos, "C.A.Sportivo" e "I.E.S.Val do Tea" . O "Reina Tour" xogou cos nosos amigos do Xadrez Ponteareas-B.
No enfrentamento directo, o Sportivo gañou por 4-0 ao IES Val do Tea, e noso terceio equipo, o Reina Tour foi quen de sacar medio punto no seu partido co Xadrez Ponteareas B cun resultado final de 0.5-3.5
Tras esta xornada, o noso primeiro equipo, lidera a clasificación xunto co Club Mos.













Os pasados 19 e 20 de xaneiro xogouse o Torneo Provincial de Xadrez en Vilagarcía de Arousa.

Como en anos pasados, asistiron moitos representantes do noso clube.

Participantes:
Sub8: Antia e Adrián
Sub10: Hugo Souto e Hugo Alonso
Sub 12: Niko, Alejandro e Manuela
Sub 14: André
Sub16: Anton
Absoluto: Andrea, José, Pablo, Alejandro e Fabio.

Todos xogaron moi ben, acumulando experiencia para outros torneos, destacando especialmente o resultado de Antía, segunda clasificado na categoría sub8 e André, terceiro clasificado na categoría sub14.

Noraboa tamén o Club Fontecarmoa pola impecable organización.

Grazas