luns, 29 de maio de 2017

Torneo Pontexadrez 2017

O pasado sábado 27 de Maio o Club Ramiro Sabell desplazouse a Pontevedra para participar no torneo Pontexadrez ó aire libre (6º torneo pertencente ao XII Circuito Galego de Promoción do Xadrez 2017).

Esta é unha foto na que están case tódolos membros do clube:



O resto das fotos se poden consultar neste album: https://photos.app.goo.gl/kV5QNEZuRx9AGaJ22

domingo, 21 de maio de 2017

Resumo do IV Torneo Escolar Ramiro Sabell

O 17 de mayo celebramos o IV Torneo Escolar Ramiro Sabell no Centro Artístico Sportivo de Ponteareas. O evento, válido para o XII Circuito Galego de Promoción contou coa participación de 154 xogadores de 22 clubes galegos. O torneo estivo organizado polo Club de Xadrez Ramiro Sabell en colaboración co Concello de Ponteareas, o CEIP Ramiro Sabell e a Federación Galega de Xadrez.

Aĺbum coas fotos do evento


Enlace a un álbum coas nosas fotos do evento: https://goo.gl/photos/TbPsb91R1oSoCkfd7

Clasificacións


Os cinco primeiros de cada categoría foron:

Categoría Promesas (Sub-8)


  1. Iago Fernández Ramos (Xadrez Brétema)
  2. Gabriel Alcalde González (Benchosey)
  3. Lucas Pérez González (C. Apóstol Vigo)
  4. Daniel García Morales (EXP Pontevedra)
  5. Uxio Vilariño Lorenzo (Escola Luguesa)
Mellor Ponteareano: Mateo Ledo Fernández (Xadrez Ramiro Sabell)

Categoría Benxamín (Sub-10)


  1. Tristán Alonso Rodríguez (Xadrez Verín)
  2. Xabier Pérez Sousa (Xadrez Mos)
  3. Eduardo Cabanas López (USC)
  4. Paula Suarez Gómez (CX Fontecarmoa)
  5. Pura Dieguez Novoa (Benchosey)
Mellor Ponteareano: Miguel Castro Boente (EX Ponteareas)

Categoría Alevín (Sub-12)


  1. Xabier Pérez Ochandategui (Circulo Chantadino)
  2. Xacobe Conde Rivero (Xadrez Ourense)
  3. Iker Carrera Pérez (Xadrez Mos)
  4. Belarmino Garcia Camina (USC)
  5. Marta Quintas Fernández (Escola Luguesa) 
Mellor Ponteareano: André Herrera Saavedra (Xadrez Ramiro Sabell)

Categoría Infantil (Sub-14)


  1. Artai Bringas Gómez (Xadrez Laroca)
  2. Antonio Álvarez Pampillón (Xadrez Mos)
  3. Cesar Pérez Daposa (Universidad de Ourense)
  4. Martín Gómez Carreño (Xadrez Ourense)
  5. Marcos Vázquez Gómez (Xadrez Ourense)
Mellor Ponteareano: Adrián Carpintero Muñoz (EX Ponteareas)

Agradecementos


Contamos coa colaboración do Centro Artístico Sportivo, Concello de Ponteareas, CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera, Deputación de Pontevedra, Federación Galega de Xadrez, Cafetería Sportivo, Tapería Luar, Aguas de Mondariz, Atmósfera Sport, Reina Tour, Relojería Joyería Gallego, ANPA Pena do Equilibrio, Viveros y Jardines Crespo, Ferretería el Puente, Central Eléctrica Sestelo, El Rincón del Perfumista, Salgado & Eyre Correduría de Seguros, Mobialia e Condado Eventos Galicia.

Dende o club queremos felicitar a todos os xogadores que participaron no torneo. Así mesmo queremos dar as grazas ao Centro Artístico Sportivo, ao CEIP Ramiro Sabell Mosquera, ao Concello de Ponteareas, á Federación Galega de Xadrez, aos colaboradores, ao Alcalde e ao Concelleiro de Deportes que nos acompañaron na entrega de premios, aos delegados, ao árbitro, aos auxiliares e aos pais e familiares que estoicamente pasan todo o día vendo como xogan os seus fillos.

luns, 8 de maio de 2017

IV Torneo Escolar Ramiro Sabell

Por motivos organizativos reducimos o número de roldas a 6, cambiando o horario das roldas da tarde.

Un ano máis organizamos o noso Torneo Escolar no Centro Artístico Sportivo. Este ano celebrarémolo o mércores 17 de maio, festivo por ser o Día das Letras Galegas.

Cartel


Bases

As bases do torneo están redactadas neste documento:

https://docs.google.com/document/d/1KANsD4XHm2YMx1fIhJMLGtgDg5WXKPpXIVJiW0TJzOM/edit?usp=sharing

Inscricións

As inscricións se poden facer a través deste formulario web:

https://docs.google.com/forms/d/1CyNr5fofieY_gad1BOhfFn34VgQfL-EHgqZ5uU5yUj8/viewform?edit_requested=true

Ou por email a torneosramirosabell@gmail.com indicando nome, apelidos, categoría e club.

Temos un límite de 150 participantes por orde de inscrición. As inscripcións estarán abertas ata o día anterior (o 16 de maio) ás 20h. Se o xogador non está federado deberá abonar a cuota para a licencia federativa.

Listas de inscritos e resultados


Cómo chegar

Na sección "Onde Estamos" temos un mapa coa ubicación do Centro Artístico Sportivo.

Horarios

ROLDAHORARIO
Presentación10:30
1ª Rolda11:00
2ª Rolda11:50
3ª Rolda12:40
4ª Rolda15:30
5ª Rolda16:20
6ª Rolda17:10
Acto de Clausura e Entrega de Premios18:00

Patrocinadores

A organización deste torneo sería imposible sen a colaboración dos patrocinadores do noso club:

mércores, 3 de maio de 2017

XVII Torneo de Xadrez Concello da Guarda

Esta fin de semana celébrase o torneo da Guarda organizado polo Xadrez Albatros e, pola proximidade xeográfica, imos ir xogar moitos membros do club: