xoves, 18 de setembro de 2014

Xadrez na Rúa - 1º Simultanea no Concello de Ponteareas con Yudania Hernández

Ó 26 de Setembro, na praza Maior do Concello de Ponteareas, celebrouse a Primeira Partida simultánea con Yudania Hernández Estévez organizada polo Club de Xadrez Ramiro Sabell en colaboración co Concello de Ponteareas.

Xuntaronse na Praza arredor de 60 participantes que botaron preto de 3 horas arredor dos taboleiros para amosar as súas habilidades frente a bicampeona de España e entrenadora do Club Yudania.

Queremos en primeiro lugar agradecer tanto os participantes como a Yudania e os colaboradores (Concello de Ponteareas e ANPA a pena do equilibrio) a súa presenza e contribución con este torneo e emplazalos para que o vindeiro ano volvan a estar entre nós na próxima partida simultánea que celebraremos nas memas fechas coincidindo coa festividade de San Miguel.

Tamen queremos agradecer en especial o Sr. Novoa (Concellal de Deportes) o apoio que nos prestou na organización do evento, así como a súa presenza xunto coa do Alcalde D. Salvador Solla na entrega de medaias e diplomas o remate da xornada. 


Executiva Xadrez




mércores, 3 de setembro de 2014

CURSO XADREZ 2014 - 2015


O Club de Xadrez Ramiro Sabell co inicio do presente curso escolar (2014-2015) e coa Xadrecista Internacional Yudania Hernández Estevez ao fronte da dirección do equipo iniciará no mes de outubro as clases de Xadrez para todos aqueles que queiran asistir, independente do colexio no que estuden e da idade que teñan.

O noso Club impartirá as clases no CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera (Colexio nº3) en Ponteareas os Xoves en horario a partir das 4 da tarde. Todos aqueles nenos@s e adultos que queiran anotarse as clases poderán facelo, independente do colexio o que pertenzan.

Para máis información sobre horarios, precios e descontos por ser dalgunha ANPA ou por ser máis dun irmán na actividade poden enviar un e-mail o correo xadrezramirosabell@gmail.com ou chamar o teléfono 655.610.543. 

Rogamos lle dean a máxima difusión a esta información.

A Xunta Directiva.