sábado, 21 de xullo de 2018

Campeonato de España Sub 14 en Salobreña

Dende o pasado día 16 celébrase en Salobreña o Campeonato de España de xadrez.

Este ano enviamos dous representantes do noso clube a participar na categoría sub-14

Os Ponteareanos André Herrera Saavedra e Antón Rama Hombreiro viaxaron ata allí.

 
Antón acude por primeira vez, tras xogar previamente o campeonato Galego. O resultado está sendo moi bo. Na foto coa entrenadora da selección Española, Yudania Hernández, que tamén é a entrenadora do noso clube.

André Herrera, máis coñecedor deste tipo de campeonatos, pois é o segundo ano consecutivo que participa, ven de realizar un magnífico resultado. Na foto con Yudania, nosa entrenadora.

 

Xornadas de moitas emocións, coñecendo xente nova e disfrutando co xadrez.

 

 
 

Acabamos de coñecer o resultado da derradeira partida. Finalizan os dous este campeonato de España con 4,5 puntos sobre 9. Estupenda participación con un resultado magnífico. 
Noraboa campeóns, estamos moi orgullosos de vos, do voso traballo. Felicitacións tamén para Yudania Hernández e para todo o equipo de Clube Xadrez Ramiro Sabell Ponteareas, axudando cos entrenos previos o campeonato de España.