luns, 20 de novembro de 2017

XII Circuito Gallego de Ajedrez Promoción 2017

O sábado 4 de novembro tivo lugar o acto de clausura e entrega de premios do XII Circuito Galego de Xadrez Promoción 2017 no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa onde participaron máis de 800 xogadores. 

Este ano o calendario estivo composto por 19 torneos repartidos por gran parte da xeografía galega.

Dende o Club Xadrez Ramiro Sabell queremos felicitar a todos os xogadores que participaron neste circuito Escolar e destacar dun xeito especial a participación de André Herrera Saavedra e Hugo Souto Corredoura.



 Hugo Souto Corredoura na categoría sub 8 (Clasificado no posto 24º)
 


André Herrera Saavedra na categoría sub 12 (Clasificado no posto 17º)