venres, 20 de abril de 2018

V Torneo Xadrez Ramiro Sabell


O próximo día 17 de maio, e coincidindo co día das letras galegas, celebraremos o noso "V Torneo Xadrez Ramiro Sabell". Como novidade, e debido ao éxito de anos pasados, este ano contaremos con categoría absoluta.

Inscricións


Para inscribirse é necesario encher este formulario web.

https://goo.gl/forms/fDIRb6a6VGIGt2ys2

O formulario envía as confirmacións de inscrición por correo electrónico.

Hai un límite de 200 participantes, no que se respetará a orde de inscrición. A inscrición estará aberta ata as 20 horas do mércores 16 de maio.


Horarios


ROLDA
HORA
Presentación
10:30
1ª Ronda
11:00
2ª Ronda
12:00
3ª Ronda
13:00
4ª Ronda
16:00
5ª Ronda
17:00
6ª Ronda
18:00
7ª Ronda
19:00
Acto de Clausura e Entrega de Premios
20:00

Ubicación


O IES Val do Tea vainos ceder as súas instalacións para a celebración do torneo, a súa ubicación está neste mapa:


Patrocinadores


Outro ano máis temos que darlle as grazas aos nosos patrocinadores que fan posible que este torneo sexa gratuito:


domingo, 15 de abril de 2018

Final da terceira división 2018

Rematou a liga de terceira divisón deste ano. Este ano participamos no grupo K con dous equipos, o Xadrez Ramiro Sabell - Mobialia, que rematou de terceiro e o Xadrez Ramiro Sabell - Centro Artístico Sportivo, que rematou de quinto.

Por terceiro ano consecutivo quedamos de terceiros no noso grupo. Ascenden os dous primeros así que quedamos un ano máis en terceira divisón.

Este ano a liga rematou cun triple empate entre primeiro segundo e terceiro, que desampatando por SONN nos deixa no terceiro lugar. Tamén é o segundo ano que quedamos empatados a puntos co segundo clasificado.

Noraboa ao Xadrez Altamira, e ao Xadrez Tui que ascenden a segunda división.

TERCEIRA DIVISIÓN, GRUPO K
N EQUIPO 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 PUNTOS
1 XADREZ ALTAMIRA
3.5 2.0 3.5 2.0 3.0 3.0 3.0 3.5 3.0 26.5
2 XADREZ TUI 0.5
3.5 4.0 2.5 4.0 3.0 4.0 2.0 3.0 26.5
3 XADREZ RAMIRO SABELL MOBIALIA 2.0 0.5
4.0 3.0 4.0 3.0 3.0 4.0 3.0 26.5
4 IES AUGA DA LAXE - LAROCA 0.5 0.0 0.0
2.5 2.0 3.5 3.5 1.5 4.0 17.5
5 XADREZ RAMIRO SABELL CENTRO ARTISTICO SPORTIVO 2.0 1.5 1.0 1.5
2.5 2.0 3.0 2.5 0.5 16.5
6 XADREZ PONTEAREAS 1.0 0.0 0.0 2.0 1.5
1.5 3.0 4.0 2.5 15.5
7 MALLON - LAROCA 1.0 1.0 1.0 0.5 2.0 2.5
1.0 1.0 4.0 14
8 XADREZ ALBATROS C 1.0 0.0 1.0 0.5 1.0 1.0 3.0
3.0 3.5 14
9 INSTITUTOS DE PONTEAREAS - XADREZ PONTEAREAS B 0.5 2.0 0.0 2.5 1.5 0.0 3.0 1.0
2.0 12.5
10 XADREZ ALBATROS D 1.0 1.0 1.0 0.0 3.5 1.5 -1.0 0.5 2.0
9.5

domingo, 1 de abril de 2018

Campionatos Galegos Individuais 2018

Do 25 ao 27 de marzo se celebraron en Padrón os Campionatos Galegos individuais de Semana Santa nas categorías promesas, benxamín e alevín.

O noso club estivo representado na categoría promesas por Hugo Souto Corredoura, Antía Reboredo Barrosa e Mateo González Méndez. Na Categoría Alevín por Alejandro González Méndez.



Se pode consultar a información en categoría Promesa:
https://info64.org/campionato-galego-sub12

Do 10 ao 13 de febreiro se celebrou en Ferrol, o Campionato Galego individual de Carnaval. Participaron 50 xogadores nun torneo suizo a 8 partidas.

O noso club estivo representado por dous xogadores en categoría infantil: André Herrera Saavedra e Antón Rama Hombreiro.

Esta é a información da categoría infantil:




Dende o Club queremos mencionar que é a primeira vez que participamos nos campionatos galegos individuais así como dar a noraboa a todos os xogadores polo esforzo realizado e aos seus pais polo apoio que lles brindan.

luns, 5 de marzo de 2018

Quinta Xornada da Terceira División

A pasada fin de semana os nosos dous equipos de terceira divisón xogaron en casa, no Centro Artítico Sportivo de Ponteareas:

No Xadrez Ramiro Sabell-Centro Artístisco Sportivo xogaron xogaron André, Nico, Diego e Iván contra o Xadrez Tui cun estupendo resultado de 1.5-2.5.

O Xadrez Ramiro Sabell-Mobialia alineou a Alberto, Andrea, Begoña e Jose Manuel para enfrentarse ó Institutos de Ponteareas-Xadrez Ponteareas B, obtendo un magnífico 4-0. Este resultado pon momentáneamente ó equipo en postos de ascenso a segunda división.

Hoxe tamén temos que felicitar a nosa xogadora Andrea, que o sábado gañou unha partida moi reñida no taboleiro 2 e que hoxe foi nai: Unha victoria moito máis importante que a do sábado... Noraboa Andrea!

sábado, 3 de marzo de 2018

Cuarta división 2018

O domingo 25 de febrero xogouse a fase clasificatoria da Liga Galega por Equipos de Cuarta División de Pontevedra Sur. É unha competición aberta para nenos de ata 16 anos.



Este ano o club Ramiro Sabell participou con rapaces pequenos que competiron en tres equipos:

Equipo Ramiro Sabell: “ANPA Pena do Equilibrio”
1º Daniel Porto Duran
2º Martín Pino Álvarez
3º Fernán Rama Hombreiro
4º Hugo Souto Corredoura
5º Antía Reboredo Barrosa
6º Brais González Pérez

Equipo Ramiro Sabell: “Joyería Gallego”
1º Mauro Cambra González
2º Miguel Álvarez Natividad
3º Sofía Rial Rodríguez
4º Hugo Alonso Barros
5º Adrián Argudín Fernández
6º Luis Souto Rodríguez
7º Manuela Alonso Barros
8ª Pablo Gallego Bañuelos

Equipo Ramiro Sabell: “Reina Tour”
1º Martiño Rama Hombreiro
2º Mateo Ledo Fernández
3º María Rama Hombreiro
4º Mateo González Méndez

No grupo A xogaron o equipo do ANPA Pena do Equilibrio e o Joyería Gallego:

https://www.inforede.info/xefega/index.php/competiciones/clasificaciones/5

E no grupo B xogou o Reina Tour logrando un merecido tercer posto:

https://www.inforede.info/xefega/index.php/competiciones/clasificaciones/5

Álbum con todas as fotos do evento:

https://photos.app.goo.gl/UaGG9VbfSRjMZ0B52

domingo, 28 de xaneiro de 2018

Liga Galega por equipos 2018

A fin de semana pasada comezou a Liga Galega por equipos, na que este ano participaremos con dous equipos en terceira división.

Este é o calendario de encontos:

ROLDA-1 27-01-2018
EQUIPO LOCAL EQUIPO VISITANTE
XADREZ RAMIRO SABELL MOBIALIA XADREZ RAMIRO SABELL CENTRO ARTISTICO SPORTIVO
ROLDA-1 27-01-2018
EQUIPO LOCAL EQUIPO VISITANTE
XADREZ RAMIRO SABELL CENTRO ARTISTICO SPORTIVO XADREZ ALBATROS C
XADREZ TUI XADREZ RAMIRO SABELL MOBIALIA
ROLDA-3 17-02-2018
EQUIPO LOCAL EQUIPO VISITANTE
XADREZ ALBATROS D XADREZ RAMIRO SABELL CENTRO ARTISTICO SPORTIVO
XADREZ RAMIRO SABELL MOBIALIA XADREZ PONTEAREAS
ROLDA-4 24-02-2018
EQUIPO LOCAL EQUIPO VISITANTE
XADREZ RAMIRO SABELL CENTRO ARTISTICO SPORTIVO IES AUGA DA LAXE - LAROCA
MALLON - LAROCA XADREZ RAMIRO SABELL MOBIALIA
ROLDA-5 03-03-2018
EQUIPO LOCAL EQUIPO VISITANTE
XADREZ RAMIRO SABELL CENTRO ARTISTICO SPORTIVO XADREZ TUI
XADREZ RAMIRO SABELL MOBIALIA INSTITUTOS DE PONTEAREAS - XADREZ PONTEAREAS B
ROLDA-6 10-03-2018
EQUIPO LOCAL EQUIPO VISITANTE
XADREZ ALTAMIRA XADREZ RAMIRO SABELL MOBIALIA
XADREZ PONTEAREAS XADREZ RAMIRO SABELL CENTRO ARTISTICO SPORTIVO
ROLDA-7 17-03-2018
EQUIPO LOCAL EQUIPO VISITANTE
IES AUGA DA LAXE - LAROCA XADREZ RAMIRO SABELL MOBIALIA
XADREZ RAMIRO SABELL CENTRO ARTISTICO SPORTIVO MALLON - LAROCA
ROLDA-8 07-04-2018
EQUIPO LOCAL EQUIPO VISITANTE
XADREZ RAMIRO SABELL MOBIALIA XADREZ ALBATROS C
INSTITUTOS DE PONTEAREAS - XADREZ PONTEAREAS B XADREZ RAMIRO SABELL CENTRO ARTISTICO SPORTIVO
ROLDA-9 14-04-2018
EQUIPO LOCAL EQUIPO VISITANTE
XADREZ ALBATROS D XADREZ RAMIRO SABELL MOBIALIA
XADREZ TUI INSTITUTOS DE PONTEAREAS - XADREZ PONTEAREAS B
Máis información na páxina da federación: https://www.inforede.info/xefega/

luns, 22 de xaneiro de 2018

Torneos Provinciais 2018


Hugo Souto recollendo o seu premio como 3º clasificado
O sábado 20 e o domingo 21 se celebraron en Vilagarcia os campionatos provinciais de Xadrez aos que asistiu unha numerosa representación do Club.

http://www.fegaxa.org/gl/competicions/campeonatos-provinciales/temporada-2018/

Noraboa a todos os participantes, e en especial a Hugo Souto Corredoura que rematou como 3º clasificado, a Antía Reboredo Barrosa 7º clasificada e a Nicolás Quiroga Snyder 7º clasificado.


luns, 15 de xaneiro de 2018

Torneo de Nadal Sub-2200 en Mos

O sábado 13 e o domingo 14 de enero se celebrou o IV Torneo de Nadal sub-2200 en Mos, no que participaron dous xogadores do noso Club:

  • Pablo Escobero Cela preclasificado 14º de ranking quedou en sétima posición gañando 20 puntos de ELO
  • André Herrera Saavedra rematou no posto 55 subindo 2,5 puntos de ELO
Noraboa a ámbolos dous!


Enlace ó album coas fotos: