venres, 25 de novembro de 2016

Xadrez social e terapeútico para maiores

A nosa mestra Yudania está a impartir clases de xadrez para maiores os venres de 11:00 a 12:00 no Centro Artístico Sportivo.


Os obxectivos deste programa son os de estimular as funcións cognitivas (atención, memoria, razoamento) a través do xadrez. O xadrez terapéutico fomenta a inclusión social e a ocupación do ocio e o tempo libre, e realízase dunha forma accesible e agradable para os maiores.


No xadrez non hai distinción de sexo, raza, nen idade, polo que constitúe unha magnífica ferramenta para a xuntanza, o entretemento e a solidaridade interxeracional.

venres, 4 de novembro de 2016

Visita de Yudania ó IES de Ponteareas

Onte, día 3 de novembro a nosa mestra Yudania Hernández visitou o Instituto de Ponteareas. Yudania impartiu unha lección de xadrez os alumnos e xogou unhas partidas simultáneas no vestíbulo do instituto.



Esta é a noticia orixinal: na páxina do instituto: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesponteareas/?q=node/594