luns, 31 de maio de 2021

Torneo fin de curso




Durante todo o curso nantivemos as clases online produto das circunstancias sanitarias. 

As clases desta temporada xa terminaron, e para celebralo imos disputar un torneo fin de curso. 

Xogaremos o próximo sábado 5 de xuño as 17 horas na plataforma lichess.org.

O enlace ó torneo é: https://lichess.org/swiss/JJFsmn3P 

Aproveitamos para desexarvos un bó verán coa esperanza de retomar as clases presenciais o próximo outono.

domingo, 30 de maio de 2021

Campionatos galegos

A pasada fin se semana se celebrau en Padrón a xornada final dos campionatos galegos. Neles contamos coa participación de varios xogadores do noso clube con moi bos resultados:

Campionato galego sub 8

Yaiza Ramos Graña 1º clasificada feminina e 12º da xeral.
https://info64.org/campionato-galego-sub-8-open-2021/standings


Campionato galego sub 10


Neles contamos con dous representantes: Isidro Betacourt e Antía Reboredo.Antía logrou rematar de sexta na clasificación xeral e segunda en feminino. Noraboa dos dous!

Campionato galego sub 14

Anxo Alfonso Presa tivo unha boa actuación no seu primeiro Galego rematando con 2,5 puntos.

Campionato galego sub 16

André Herrera Saavedra logrou un magnífico 6º posto.
https://info64.org/campionato-galego-sub-16-open-2021/standings

Campionato galego lóstrego

Antón Rama Hombreiro tivo unha boa actuación rematando con 4 puntos.
https://info64.org/vi-campionato-galego-de-xadrez-lostrego