martes, 21 de maio de 2019

Resumo do VI Torneo Escolar Ramiro Sabell

O 17 de mayo celebramos o VI Torneo Escolar Ramiro Sabell no IES Val Do Tea, en Ponteareas.



O evento, válido para o XIV Circuito Galego de Promoción, contou coa participación de 222 xogadores de 25 clubes gallegos.

O torneo estivo organizado polo Club de Xadrez Ramiro Sabell en colaboración co Concello de Ponteareas, o IES Val do Tea, o CEIP Ramiro Sabell e a Federación Galega de Xadrez, entre outros.

Xosé Represas, alcalde de Ponteareas visitounos durante a xornada e a entrega de premios asistiron as seguintes autoridades municipais: María Jesús Garrote, teniente de alcalde, Cristina Fernández, concelleira de Educación, Benito Márquez, concelleiro de Deportes, e José Antonio Da Cuña, director do Colexio Ramiro Sabell.

Os primeros clasificados de cada categoría foron:

Categoría Promesas




1º Begoña Lage Fernández (Xadrez Mos)

2º Diego Ibáñez Cruces (Lucena)

3º Adrián Argudín Fernández (Xadrez Ramiro Sabell)

4º Lois Quintas Otero (USC)

5º Martín Martínez Cortegoso (Xadrez Mos)

Mellor Ponteareano: Antía Reboredo Barrosa (Xadrez Ramiro Sabell)

Categoría Benjamín



1º Iago Fernández Ramos (Bretema)

2º Daniel Alonso Álvarez (Xadrez Marín)

3º Irene Diz Loroño (Xadrez Fontecarmoa)

4º Ángela Castiñeira González (Club Regatas Perillo)

5º Javier del Valle Crespo (Xadrez Mos)

Mellor Ponteareano: Hugo Souto Corredoura (Xadrez Ramiro Sabell)

Categoría Alevín



1º Nerea Cereijo Suarez (E. Xadrez Compostela)

2º Eduardo Cabanas López (USC)

3º Antón Quintas Otero (USC)

4º Alejandro Cereijo Suarez (E. Xadrez Compostela)

5º Antón Vilariño Lorenzo (E. Luguesa de Xadrez)

Mellor Ponteareano: Miguel Castro Boente (Xadrez Ponteareas)

Categoría Infantil



1º Marta Quintas Fernández (E. Luguesa de Xadrez)

2º Sergio Pérez Estévez (Xadrez Mos)

3º Miguel Alonso Moyano (Villa de Bouzas)

4º Laura Gómez Carreño (Xadrez Ourense)

5º Xoaquin López Conde (Benchosey)

Mellor Ponteareano: Héctor González Rodiño (Xadrez Ponteareas)

Categoría Absoluta



1º Mireya Represas Pérez (Laroca)

2º Rubén Fernández López (EXP)

3º Oscar Moralea Rejas (Xadrez Mos)

Mellor Ponteareano: Alain Raúl Rodríguez Muñoz (Xadrez Ponteareas)



O equipo de organización estivo compuesto por Miguel Gallego Illán, Presidente do Club Ramiro Sabell, Fernando Rama González, coordinador do torneo, Alberto Alonso Ruibal, Rocío Saavedra Leirós, José Antonio Castro Sánchez, Fabio Represas Novoa e Roberto Souto.

O equipo arbitral estivo composto polo árbitro principal David González Gándara e os árbitros auxiliares Begoña Espiñeira Seoane, Pablo Escobero Cela, Iván Souto Bautista, Jose Manuel Reboredo Rodríguez, Iago Barros Domínguez e Alejandro Argudín Vázquez.



A lista completa de colaboradores é a seguinte: Concello de Ponteareas, IES Val do Tea, CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera, Centro Artístico Sportivo, Diputación de Pontevedra, Federación Gallega de Ajedrez, Relojería Joyería Gallego, Reina Tour, Aguas de Mondariz, Atmósfera Sport, Viveros y Jardines Crespo, Librería-Papelería Papiros, Perfumes & Cosmética Bianca, Come Come e Café Bar As de Pikas.

Estamos moi agradecidos aos colaboradores e ao equipo arbitral pola súa impecable labor, que axudaron a que o torneo fora un éxito.



Agradecemos en especial aos grandes protagonistas da xornada, os xogadores, e os pais e demáis familiares dos participantes.

Estamos moi satisfeitos por ter batido de novo o noso récord de participación.

¡Esperámosvos no 2020!


venres, 3 de maio de 2019

VI Torneo Xadrez Ramiro Sabell

O próximo día 17 de maio, coincidindo de novo co día das letras galegas, celebraremos o noso "VI Torneo Xadrez Ramiro Sabell", torneo englobado no XIV Circuito Galego de Promoción do Xadrez da Fegaxa:



Inscricións


Para incribirse no torneo é preciso encher este formulario web:


A inscrición vai estar aberta ata as 20 horas do 16 de maio ou ata que rematen as prazas (temos un límite de 250 participantes).

Listaxes de inscritos:


Horarios


ROLDA
HORA
Presentación
10:30
1ª Ronda
11:00
2ª Ronda
12:00
3ª Ronda
13:00
4ª Ronda
16:00
5ª Ronda
17:00
6ª Ronda
18:00
7ª Ronda
19:00
Acto de Clausura e Entrega de Premios
20:00

Ubicación


O IES Val do Tea vainos ceder as súas instalacións para a celebración do torneo, a súa ubicación está neste mapa:


Patrocinadores


Dámoslle as grazas aos nosos patrocinadores que fan posible que este torneo sexa gratuito:

xoves, 2 de maio de 2019

Comeza o XIV Circuito Galego de Promoción 2019 co IV Vila de Noia



Onte, 1 de maio, comezou o XIV Circuito Galego de Promoción do Xadrez co IV Torneo de xadrez Vila de Noia, organizado pola Escola de Xadrez Brétema:

http://xadrezbretema.blogspot.com/2019/04/iv-vila-de-noia-xiv-circuito-galego-de.html

Neste torneo, o noso xogador André acadou un espectacular tercer posto na categoría Sub-14, logrando 5 puntos dos 7 posibles. Noraboa André!

Este é o primeiro dos torneos deste circuito que terá un total de 16 datas nas que clubes de toda galicia nos poñemos de acordo para facer promoción do noso deporte favorito:

https://www.fegaxa.org/wp-content/uploads/2019/03/Calendario-Circuito-2019.pdf

Nós tamén organizaremos o 17 de maio o noso torneo que se engloba neste circuito, eperámosvos alí!