luns, 16 de febreiro de 2015

Liga Galega de Xadrez por Equipos 4º División Pontevedra Sur


Nota Informativa

Ó 15 e 22 de Marzo a partir das 16:00 da tarde, no CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera do Concello de Ponteareas, celebrarase por primeira vez o Torneo da Liga Galega de Xadrez por Equipos 4º División Pontevedra Sur organizada polo Club de Xadrez Ramiro Sabell.

O Club Xadrez Ramiro Sabell participará este ano no Torneo con 6 equipos e 40 xogadores federados

Todo isto é posible gracias o esforzo: dos nenos@s do Club de Xadrez, dos país e mais que nos apoian e axudan na súa organización, da Dirección do CEIP Ramiro Sabell Mosquera e en especial do seu Director, dos patrocinadores (Atmósfera Sport, Circemateria, A fraga de Velai, Arranxa Informática y Sistemas, Vertical, Anpa A Pena do Equilibrio, GADIS, Moda Mansa e o Concello de Ponteareas na persoa do Sr. Alberto Novoa), e como non a entrenadora do Club MI Yudania Hernández.  


Executiva Club

luns, 22 de decembro de 2014

XADREZ "VIVIENTE"




O 18 de Decembro, no CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera do Concello de Ponteareas, celebrouse a Primeira Partida de Xadrez Viviente organizada polo Club de Xadrez Ramiro Sabell.

Xuntaronse no CEIP Ramiro Sabell, nun taboleiro de 64m2, 32 Xogadores que se transformaron en pezas do xogo, dirixidas por a Entrenadora MI Yudania e que representarón nesta ocasión unha fermosa partida de un dos mellores axedrecistas da historia, o norteamericano Paul Morphy, xogada na Ópera de París en 1858, alí derrotóóalemán Duque Karl de Brunswick e o aristócrata francés Conde Isouard, que xogaban conxuntamente.

Desde a Directiva do Club queremos agradecer tanto os nenos@s que xogarón na partida, os que os acompañarón, os país e nais que nos votaron unha man, como a Dirección do CEIP Ramiro Sabell Mosquera, a Profesora Mónica e a MI Yudania Hernández a súa presenza e contribución con este torneo e emplazalos para que volvan a estar entre nós no próximo Xadrez Viviente que celebraremos.

Tamén facemos unha especial mención para os patrocinadores do club os que lles estaremos sempre agradecidos: Atmósfera Sport, Circemateria, A fraga de Velai, Arranxa Informática y Sistemas, Vertical, Anpa A Pena do Equilibrio e Moda Mansa. Gracias a vos o noso Club este ano conta con 6 equipos en Cuarta División e 40 nenos@s federados.

Por último tamen queremos agradecer o Concello e en especial o Sr. Albeto Novoa o seu apoio incondicional ao deporte do Axedrez en idade escolar. Gracias a eles o CEIP Ramiro Sabell e o seu Club de Xadrez dispón dun taboleiro de 64m2 no que tivo lugar a partida de Xadrez e na que os nenos mais cativos aprenderán a mover as pezas de xadrez coma algo divertido.

Con todo isto sólo nos queda desexarvos que pasedes unhas felices festas e próspero ano.

Executiva Xadrez



mércores, 19 de novembro de 2014

I XADREZ VIVIENTE RAMIRO SABELL

O Club de Xadrez Ramiro Sabell organiza unha partida de xadrez viviente para o próximo  xoves 18 de decembro con motivo da festa de nadal, que se celebrará no CEIP Ramiro Sabell Mosquera  as 17:00 horas.

O xadrez viviente é un espectáculo artístico, onde os nenos se transforman en pezas do xogo e se reproduce unha partida famosa.

Para esta ocasión eleximos unha fermosa partida de un dos mellores axedrecistas da historia, o norteamericano Paul Morphy, xogada na Ópera de París en 1858, alí derrotóu ó alemán Duque Karl de Brunswick e o aristócrata francés Conde Isouard, que xogaban conxuntamente.