mércores, 7 de maio de 2014

Entrevista co alcalde

O pasado dia 30 de abril a directiva do club de xadrez mantivo un encontro con varios membros do concello, o Sr. alcalde Salvador  González e o concelleiro de deportes Alberto Novoa, co fin de presentarse oficialmente ante as institución local.
A directiva do club acompañados do director do CEIP MESTRE RAMIRO SABELL MOSQUERA  Dº. Xosé Antonio Acuña expuxeron os grandes logros que esta obtendo o club a pesar da súa corta vida, xa que non podemos esquecernos de que o club nacía como actividade extra-escolar o inicio do presente curso e a día de hoxe estase formalizando como club.
A adestradora e artífice dos logros conseguido a xadrecista internacional YUDANIA HERNÁNDEZ presentoulles o ambicioso proxecto que se vai a  emprender e que abarca entre outros: a organización de I Torneo Ramiro Sabell que se celebrará o próximo 23 de Maio, o que aínda se poden anotar todos aqueles nenos que o desexen, e entrar no Circuíto Galego de Xadrez… Circuíto de enorme relevancia que non só lle dará un prestixio a Ponteareas polo seu nome, sino tamén pola cantidade de participantes que hai en cada Torneo de ese tipo.
Tamén desde a Executiva do Club agradecemos o alcalde e o Concelleiro de Deportes no sólo que nos haxan recibido, sino tamén o seu compromiso e apoio con este proxecto tan ambicioso.


Ningún comentario:

Publicar un comentario