mércores, 3 de setembro de 2014

CURSO XADREZ 2014 - 2015


O Club de Xadrez Ramiro Sabell co inicio do presente curso escolar (2014-2015) e coa Xadrecista Internacional Yudania Hernández Estevez ao fronte da dirección do equipo iniciará no mes de outubro as clases de Xadrez para todos aqueles que queiran asistir, independente do colexio no que estuden e da idade que teñan.

O noso Club impartirá as clases no CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera (Colexio nº3) en Ponteareas os Xoves en horario a partir das 4 da tarde. Todos aqueles nenos@s e adultos que queiran anotarse as clases poderán facelo, independente do colexio o que pertenzan.

Para máis información sobre horarios, precios e descontos por ser dalgunha ANPA ou por ser máis dun irmán na actividade poden enviar un e-mail o correo xadrezramirosabell@gmail.com

Rogamos lle dean a máxima difusión a esta información.

A Xunta Directiva.



Ningún comentario:

Publicar un comentario