mércores, 27 de maio de 2015

Xadrez nas Escolas

O parlamento de Galicia aprobou o pasado 29 de abril unha resolución para impulsa-a implantación do xadrez en educación primaria e na ESO. Pódese consultar na páxina do parlamento de Galicia ou no BOGP 432 (2ª parte). O texto aprobado é o seguinte:

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia para que adopte as medidas necesarias a prol de afondar na presenza do xadrez nas escolas mediante o fomento de proxectos de innovación educativa, o impulso da formación do profesorado e o desenvolvemento de recursos e metodoloxías que  permitan, desde o respecto á autonomía dos centros educativos, a progresiva implantación desta disciplina con carácter transversal ou específico nos currículos de primaria e educación secundaria obrigatoria en atención aos proxectos educativos dos centros, e que este proxecto sexa levado a cabo en colaboración coas federacións de xadrez e outras asociacións representativas.»

Ningún comentario:

Publicar un comentario