mércores, 4 de maio de 2016

III Torneo Escolar Ramiro Sabell

O noso torneo do circuito chega este ano a súa terceira edición. Celebrarémolo o sábado 21 de maio ó longo de todo o dia, comezando ás 11 da mañá. Como novidade, o Centro Artístico Sportivo cédenos as súas instalacións para que poidamos acercar o torneo á cidade. Na sección "Onde Estamos" temos un mapa coa ubicación do Sportivo.

O torneo vaise dividir nas categorías Sub-8, Sub-10, Sub-12 e Sub-14, e haberá trofeo para os 5 primeiros clasificados de cada categoría. Tamén haberá recordos para tódolos participantes e sorteo de agasallos ó finalizar.



Inscripcións

As inscripcións se poden realizar a través do formulario: http://goo.gl/wNAH5w.

Tamén se pode facer a inscripción a través da conta de correo torneosramirosabell@gmail.com. Temos o aforo limitado a 130 participantes, polo que respetaremos rigurosamente a orde de inscripción. As inscripcións estarán abertas ata as 20 horas do 19 de maio.

Bases

As bases do torneo están disponibles en http://goo.gl/5vpHFF.

Resultados

Estes son os enlaces a Chess-Results por categoría:

Onde comer

No Centro Artítico Sportivo van preparar menús con xamón asado, callos, polo e pasta: Podedes reservar no teléfono do Sportivo 986 64 02 65. Tamén haberá unha pulpeira que preparará racións de polbo á feira.

Este é un folleto cunha lista de sitios nos que podedes comer en Ponteareas:  http://goo.gl/a88DgE.

Acompañantes: Qué facer durante o día

Para os acompañantes que veñan ó torneo e non xoguen, informámosvos que durante toda a mañá haberá feira no centro de Ponteareas. Se queredes alonxarvos un pouco do centro podémosvos aconsellar visitar o Castro de Troña ou o Castelo de Vilasobroso, e para gozar da nosa paisaxe, nada mellor que un paseo pola senda fluvial do Río Tea.

Patrocinadores

Este torneo non sería posible sen a colaboración dos nosos patrocionadores, para eles o noso agradecemento:

Ningún comentario:

Publicar un comentario