mércores, 8 de febreiro de 2017
Curso do CFR para mestres en Ponteareas
Hoxe, 8 de febreiro de 2017, rematou en Ponteareas o primeiro grupo de traballo de xadrez organizado polo CFR de Vigo (Centro de Formación e Recursos de Vigo, centro dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia).
http://www.edu.xunta.gal/portal/cfrvigo/
O CFR ten como obxectivo o desenvolvemento de actividades de formación para o profesorado que impliquen unha mellora da calidade educativa. Con este taller pretendemos que se incorpore o xadrez como unha ferramenta educativa máis para os nosos docentes.
Participaron mestres dos colexios Fermín Bouza Brey e Ramiro Sabell, e dos institutos IES Ponteareas e Val do Tea. Nesta última xornada o CFR de Vigo fixo entrega de xogos e tableiros de xadrez que van ser empregados nas actividades educativas.
O curso foi impartido pola MI Yudania Hernández, mestra do noso club. Ana da Vila é a asesora do CFR de Vigo e nos acompañou en varias xornadas.
¡O xadrez escolar en Ponteareas está medrando a un ritmo ilusionante!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario