martes, 28 de marzo de 2017

Encontro de terceira contra o Lucena B

A pasada fin de semana, o noso equipo de terceira división xogou no Sportivo contra o Lucena B gañando por 3-1

Pablo gañou con brancas no primeiro taboleiro, o momento decisivo foi tras este 8..Ae7 xogran brancas e gañan:


9. Cxc6 bxc6 10. Axc6+ gañando a torre. Mantivo a calidade de máis toda a partida e o seu rival abandonou no final.

O rival de Alberto se deixou dous peóns na apertura, e forzou chegar a un final con cabalo e dous peóns de máis contra bispo que el pensaba que eran tablas... e non o é. Alberto se deixou esta bonita táctica tras 15. Axg6, xogan negras e gañan:


15... Dg5!! e as brancas perden a dama.

Andrea con brancas, tras unha apertura moi igualada, chegou a esta posición con moita desvantaxe:

​​
E protagonizou a proeza da xornada remontando e gañando a partida, todo un exemplo de loita.

Fernando xogou a súa primeira partida complicada en liga. Nesta posición o seu rival acaba de mover 7.Ag5? e Fernando contestou con 7...Ce7? pero hai un movemento moito mellor, xogan negras e gañan:


7... Axf2+ gañando un peón e deixando ó branco sen enroque. Logo a partida estivo moi igualada ata que Fernando perdeu peza tras esta táctica, xogan brancas e gañan:


31. c5+ e as brancas gañan o cabalo.

Noraboa equipo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario