luns, 15 de abril de 2019

Éxito das mulleres de Ponteareas no Xadrez

Yudania Hernández Estévez que dende o 11 e ata o 22 de abril disputa en Antalya, Turquía o 
Campionato de Europa feminino de Xadrez, como representante da selección Española.


Yudania, veciña de Ponteareas e varias campiona de España de Xadrez, tanto en categoría individual 
absoluta como por equipos, desenrola o seu labor como profesora é a vez entrenadora no Club Xadrez 
Ramiro Sabell de Ponteareas, que onte, da man da xogadora Antía Reboredo Barrosa, acadou o 
PRIMEIRO posto no campionato galego de xadrez na categoría Sub 8 anos que se celebra en Padrón.


Hai que destacar tamén que dende hai VI edicións, Yudania é a Directora do Torneo de Xadrez escolar, 
incluido no Torneo Gallego de promoción do xadrez, que se celebrará en Ponteareas o vindeiro 17 de 
maio coincidindo coa celebración do día das letras galegas.

Dende o Club Xadrez Ramiro Sabell animamos a todos os Ponteareanos e Ponteareanas a acercarse ao 
Club para disfrutar deste fermoso deporte-ciencia.



1 comentario: