martes, 21 de marzo de 2017

Encontro contra o Xadrez Tui - Xadrez Galego B

A pasada fin de semana nos desprazamos a Tui onde xogamos contra o Xadrez Tui - Xadrez Galego B, gañando cun estupendo 1.5-2.5.

Pablo, no taboleiro 1 con negras e frente a un rival cun ELO moi superior, aceptou unhas táboas propostas polo rival no movemento 12, ésta foi a posición final:


Alberto non tiña o día: entregou prematuramente a súa parella de bispos, calculou mal un sacrificio de cabalo e rematou deixándose colgada unha torre, perdendo no taboleiro 2. Ainda así houbo unha posición na que podía ter recuperado o material e loitar unhas táboas, xogan brancas e recuperan material:


33. Da8! e ainda que tras 33... Ah3 as negras van quedar con calidade por riba, a posición é susceptible de táboas.

Miguel gañou con negras no taboleiro 3. Esta foi a posición decisiva onde as brancas, co enroque perigosamente retrasado, acaban de xogar 11.Dd3:


A partida seguiu 11... Axf3+ 12. gxf3 Dh4+ 13. Rd1 Cf2+ con forquilla triple a rei, torre e dama, e ventaxa decisiva. Miguel sobre a súa partida:
Hoxe contento co me xogo e a miña partida. Vin unha combinación e leveina cabo estupendamente. O plan pasaba por clavar o cabalo co bispo e despóis cando sacase a dama comer co bispo para forzar que comese con peón e poder facer xaque coa dama sen que pudiese cubrir con peón. Despóis ben dar mate coa dama ou ataque dobre e comer dama con cabalo que foi o que saiu. Despóis comer peon e facer xaque e se cubría co bispo lle comía as dúas torres pero como non o fixo metín torre na columna para sacar o cabalo e xaque descuberto e despóis un mate bonito.
Bego tamén gañou innovando cunha pouco común apertura Ponziani (https://es.wikipedia.org/wiki/Apertura_Ponziani) ainda que houbo una posición na que o rival tiña mate en catro. Xogan negras e dan mate en 4:


24.... Axe4+ 25.Cg4 Txg4+ 26.Rh2 Th4+ 27.Rg1 Th1#

Noraboa equipo!

martes, 14 de marzo de 2017

Derrota contra o Albatros B

A fin de semana pasada desplazámonos á Guarda onde perdemos 3-1 contra o Albatros B poñéndonos en dificultades para lograr o obxectivo do ascenso.

As partidas de Pablo no taboleiro 1 e Andrea no 3 foron moi igualadas e chegaron a finais de tablas, pero ó final por mala sorte ambos perderon.

A partida que gañamos foi a de Alberto no taboleiro 2, con superioridade estratéxica grazas a unha columna aberta, este foi o momento táctico decisivo, onde as negras acaban de mover 20...f6?: xogan brancas e gañan:


21. Ced7! e as negras comen co alfil 21... Axd6 pero o outro cabalo pasa a ocupar o seu sitio 22. Cd7 cunha forquilla as dúas torres.

Unha partida moi interesante foi a que xogou o noso presidente Miguel no taboleiro 4, onde chegou a varias posicións con combinacións gañadoras. Por exemplo, nesta posición Miguel moveu 12. Df3, pero hai outra xogada moito mellor:


12. Dd5! con ataque dobre amenazando mate en f7 e ó cabalo de e4 que está no aire. Ou por exemplo esta outra, onde Miguel xoga 29. Cc4, pero hai unha combinación dunha beleza excepcional, xobran brancas e gañan:


A solución na clase deste venres, Yudania dá uha pista: "a dama negra está atrapada"...

martes, 7 de marzo de 2017

Encontro de liga contra o Lucena C

A pasada fin de semana recibimos ó Lucena C, e no seu primero taboleixo xogou Javier Caudet, unha das grandes promesas Sub-10 do xadrez galego.


Javi fixo que o noso Pablo pasara serios apuros de tempo, e incluso nesta posición as brancas estaban completamente perdidas, moven negras:


As negras gañan con 29...Dh3+!, pero Javi aquí xogou Tb1+, que lle deu algo de aire ás brancas. Uns cantos movementos máis adiante Javi cometeu un erro grave deixándose unha torre, o que nos permitiu remontar a partida.

Pablo sobre a súa partida:
"Na apertura quedei ben, falloume o meu plan no medio xogo, sacrifiquei un peón por quitarlle os dous alfiles pensando que ía ter compensacion e logrou instalarme dous potrazos no centro que lle daban vantaxe, e a isto súmanselle máis erros e desconcentración pola miña parte, bendita sorte."

No resto dos taboleiros tamén logramos vencer, Andrea e Alberto puxeron en práctica a clase do pasado venres gañando con tácticas derivadas de torre en séptima e Begoña logrou a súa primeira victoria en liga.

Pasamos a estar empatados a puntos no primeiro lugar do noso grupo co Albatros B, o noso rival da semana que ven.

Noraboa equipo!

domingo, 26 de febreiro de 2017

Torneo Roda de Entroido


O venres 24 de febreiro celebramos no Centro Artístico Sportivo de Ponteareas o Torneo Roda de Entroido, no que os nenos e os non tan nenos foron a xogar disfrazados.

No torneo tipo roda, o gañador de cada partida se queda no mesmo taboleiro xogando con brancas e xoga a seguinte partida coa persoa que esté en espera nese momento. O perdedor da partida para a ser o seguiente en espera.

Por primeira vez contamos cunha categoría senior, na que participaron os alumnos do grupo de maiores dos venres pola mañá.

Os gañadores das diferentes categorías foron:

Sub-8: Pablo Gallego
Sub-10: Alejandro González
Sub-12: André Herrera
Absoluta: Pablo Escobero
Senior: Benito Corredoura

Noraboa a todos!

Álbum coas fotos do evento.

sábado, 25 de febreiro de 2017

II Xadrez Vivente


O 23 de febreiro no Club Ramiro Sabell celebramos a “II Partida de Xadrez Vivente” no colexio Ramiro Sabell de Ponteareas.

Esta vez representamos “A Sempreviva” xogada en Berlín en 1852 entre Adolf Anderssen e Jean Dufresne.

O alemán Adolf Anderssen (Breslavia, 1818 – Breslavia, 1879) venceu ó seu compatriota Jean Dufresne (1829 – 1893) nunha das partidas máis bellas da historia.


Anderssen ensinaba matemáticas e alemán nunha escola secundaria, tivo unha vida tranquila e rutinaria, en cambio ante o taboleiro a súa imaxinación chegaba a cotas deslumbrantes, foi o mellor do mundo a mediados do Século XIX.

O perdedor desta obra de arte, Jean Dufresne foi alumno de Anderssen, era un destacado maestro alemán, también foi escritor e periodista, escribiu novelas e varios libros de xadrez, o más importante é “O pequeno Dufresne” que leva máis de 30 edicións.

Álbum coas fotos do evento.

luns, 13 de febreiro de 2017

Encontro de liga contra o Lucena A

Esta fin de semana obtivemos un estupendo 2-2 contra un dos nosos principais rivais da terceira division, o Lucena A. Por primeira vez, e coincidiendo co comezo do campionato do mundo de mulleres en Teherán, xogamos cun equipo mixto:


Pablo xogou con brancas contra unha defensa francesa. Este foi o momento crucial da partida:


Nesta posición as negras xogaron 15...Dxe5, comendo un peón envelenado, xa que tras 16.Dxe5 Cxe5 ven 17.Af6 ataque dobre gañando a torre... Tras outro golpe táctico máis negras abandoaron ó chegar a un final que tiñan perdido.

Bego estivo pelexando ata o final da partida, pero tivo moitas dificultades orixinadas por retrasar o enroque.

Nerea xogou con brancas unha española variante dos catro cabalos. Nesta posición hai unha táctica bonita, xogan brancas:


9. h3! Cf6 10. Axc6 bxc6 11.Cxe5 gañando o peón central. Pero o final non puido gañar contra un rival moi preparado.

Perdíamos 1-2, pero aínda faltaba a partida do taboleiro 2. Alberto defendía as negras contra un gambito de dama cunha prematura e3, pero el tamén cometeu un erro na apertura, nesta posición:


Aquí moveu 10...Ab7, pero era mellor 10...c5 rompendo o centro, porque tras 11.b4 xa non está a tempo de facelo. O peón da columna c quedou débil; durante a partida non soubo solucionalo e case lle custa a derrota, sobre todo ó chegar a esta posición:


Pero brancas se equivocaron xogando 35.Cf5. Se fixeran a maniobra típica de dobrar torres con 35.Tfc1 Alberto tería serios problemas. Tras un par de erros más de brancas nos que cairon dous peóns e se cambiaron torres, chegaron a un final no que negras tiñan torre, alfil e cinco peóns contra torre, cabalo e tres peóns das brancas, e que logramos gañar tras 4 horas de partida.

Noraboa equipo!

mércores, 8 de febreiro de 2017

Curso do CFR para mestres en Ponteareas



Hoxe, 8 de febreiro de 2017, rematou en Ponteareas o primeiro grupo de traballo de xadrez organizado polo CFR de Vigo (Centro de Formación e Recursos de Vigo, centro dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia).

http://www.edu.xunta.gal/portal/cfrvigo/

O CFR ten como obxectivo o desenvolvemento de actividades de formación para o profesorado que impliquen unha mellora da calidade educativa. Con este taller pretendemos que se incorpore o xadrez como unha ferramenta educativa máis para os nosos docentes.

Participaron mestres dos colexios Fermín Bouza Brey e Ramiro Sabell, e dos institutos IES Ponteareas e Val do Tea. Nesta última xornada o CFR de Vigo fixo entrega de xogos e tableiros de xadrez que van ser empregados nas actividades educativas.

O curso foi impartido pola MI Yudania Hernández, mestra do noso club. Ana da Vila é a asesora do CFR de Vigo e nos acompañou en varias xornadas.

¡O xadrez escolar en Ponteareas está medrando a un ritmo ilusionante!